Skip to Content

Actividades Extraescolares Terceiro Trimestre 2014-2015

19/05/2014:  Espectáculo musical: Historia e evolución da música contemporanea.

espectaculo musical

Como remate de curso escolar, o venres derradeiro día de clase, teremos este festival musical, será no cine Alovi e asisten todos os alumnos de ESO e 1º de Bacharelato.

Este concerto acercaranos á evolución da música contemporánea de forma cronolóxica e comparativa. Todo esto desde un punto de vista ameno, didáctico e pedagóxico.Entre outras pezas poderemos escoitar:
Ritmos africanos … (1600)
The Entertainer  … (Scott Joplin, 1902)
All of me …  (Simons, Marks, 1931)
In the Mood … (Glen Miller, 1940)
Boom Boom … (John Lee Hooker, 1962)
Jaihouse Rock … (Elvis Presley, 1957)

 

 

 

 

 

18/06/2015 Inauguración da "Alameda literaria das árbores celtas"

alameda literariaO penúltimo día de clase deste curso "os argalleiros e argalleiras das letras" inauguran a alamenda literarias das árbores celtas. Será ás 11:20h da mañá e contarremos coa presenza dalgúns dos autores e autoras protagonistas da alameda. Tedes toda a información: autores, fotos, e poemas na seguinte ligazón.

 

 

 

 

 

 

 

 

17/06/2015 Saída ás Fragas do Eume

fragas do eumeOs alumnos de 3º e 4º ESO teñen esta saída organizada polo departamento de Xeografía e Historia na que traballaran sobre os recursos naturais da nosa fraga.

Saíran ás 9:20h da mañá e voltarán antes das 14:10h.

As Fragas do Eume é un dos bosques atlánticos de ribeira mellor conservados de Europa. Dentro das súas 9.000 hectáreas de extensión viven menos de 500 persoas, o que dá unha idea do estado virxe destes exuberantes bosques que seguen o curso do río Eume. O parque ten a forma dun triángulo cuxos vértices e fronteiras serían As Pontes de García Rodríguez, Pontedeume e Monfero.

A mellor forma de coñecer o parque é a pé. Así, se un sabe ver, quizá descubra aos xogadores trasnos que habitan nel. Carballos, chopos, freixos, ameneiros, máis de 20 especies de fentos e 200 de liques danse aquí. Ás veces a vexetación é tan tupida que apenas deixa pasar a luz. Pero este bosque sombrío e secreto é xeneroso como as súas augas, fontes e fervenzas. Aquí non hai verde, aquí hai paisaxes de mil verdes. E escondido no corazón do bosque, o mosteiro de Caaveiro, un antigo cenobio con máis de 10 séculos de historia e unhas vistas espectaculares desta fraga máxica.

 

do 13 ao 17/06/2015 Viaxe cultural Xenebra-Yvoire-CERN

cernXa rematada a selectividade os alumnos de 2º Bacharelato, e tamén os alumnos de ciencias de 1º Bacharelato realizan esta fermosa viaxe na que ademáis de visitar a cidade de Xenebra, Carouge, Yvoire, etc. ten como punto destacado a vista ao CERN, o maior laboratorio de investigación en física de partículas a nivel mundial.

Na seguinte ligagón: "Programa Viaxe CERN" podes descargarte o programa completo, con horarios, lugares de interés que se visitarán, etc.

 

 

 

 

 

 

 

4/06/2015 Visita a torres de radiocomunicación

radiocomunicaciónsOs alumnos do ciclo de Instalación de Telecomunicacións visitan no monte unhas torres de radiocomunicación que integran antenas de telefonía movil, repetidores de señal e televisión.

Saíran ás 9:00h da mañá e voltarán antes das 14h.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

01/06/2015 Charla cun xornalista

isidoro valerioEste luns visítanos Isidoro Valerio, prestixioso periodista de RadioVoz, director do programa "Voces de Galicia". Os alumnos de 1º ESO e 1º BAC terán a oportunidade de charlar con el e entrevistalo durante unha hora.

Será de 16:15h a 17:10h.

 

 

 

 

 

 

 

 

29 e 30/05/2015:  Visita ao Parque Nacional das Illas Atlánticas

illas ciesOs alumnos de 1ºBAC visitas ás Illas Cíes nunha viaxe organizada polo departamento de Bioloxía.  A saída será o venres 30 ás 7:15 de mañá e a volta está prevista para 23h do sábado.

 

 

 

 

 

 

22/05/2015 Charla sobre selectividade

selectividadeO venres teremos a unha profesional do LERD de Ferrol para explicarlles aos alumnos de 1º e 2º de Bacharelato todo o proceso de selectividade: matrículas, ponderacións, etc.

 

 

 

 

 

 

21/05/2015 Acto de graduación de bacharelato

orla bacEste xoves temos o acto de graduación de bacharelato, ao que asistirán as familias dos alumnos.

 

Podes descargar a orla na seguinte ligazón.

 

E ver en youtube as fotos do acto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

20/05/2015 Doniños. Valdoviño. SGHN.

valdoviñoO departemento de Bioloxía organiza esta saída para os alumnos de 1º e 2º da ESO. Visitarán praia e lagoa de  Doniños, Valdoviño e finalmente o Museo de Historia Natural de Ferrol

A Sociedade Galega de Historia Natural (S.G.H.N.) é "unha asociación independiente e cientifica, dedicada ó estudio, divulgación, conservación e defensa do medio natural, que non tén na súa actuación fins lucrativos" (Art. 5º dos Estatutos). A S.G.H.N. é unha asociación legalmente recoñecida, está inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584.918, no Rexistro de Asociacións Culturais Galegas co nº AO/C-000/382 e no folio 11 do Rexistro de Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia).

A S.G.H.N., desenvolve unha intensa actividade en temas medioambientais: Tén un representante no "Consello Galego do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible" dende a súa creación. Elaborou o Atlas de Vertebrados de Galicia publicado en 1995, que está a actualizar para os Anfibios e Réptiles. Realiza, dende 1973, os Censos Invernais de Aves AcuáticasCoordinou o "Programa de Conservación do Arao Iberico" da Union Europea.Organiza Xornadas e Congresos sobre temas medioambientais. Participa no Programa anual CoastWatch, avaliando o estado da beiramar. Publica revistas, monografías e boletíns de divulgación do medio ambiente. Organiza charlas e conferencias de educación ambiental. Persóase nos trámites de información pública e de Avaliación de Impacto Ambiental dos proxectos, públicos ou privados, con incidencia medioambiental.

18/05/2015 Camiño de Santiago

catedral-santiagoOrganizado polo departamento de Relixión, este luns os alumnos de toda a ESO farán o tramo do Camiño de Santiago Melide-Arzúa-Melide para dirixirse logo a Compostela. Un grupo visitará alí o Hostal dos Reis Católicos e outro grupo a catedral.

 

 

 

 

 

 

 

14/05/2015 Xornada cultural en A Coruña

RAGEste xoves os alumnos de 1º e 3º de ESO farán unha saída á Coruña organizada polo departamento de Língua Castelá. Comenzarán cunha visita á Fundación Latorre (La Voz de Galicia) en Arteixo para rematar na Real Academia Galega e Casa-museo Pardo Bazán.

A hora de saída do bus do instituto será ás 8:30h e a volta  ás 14:30h aproximadamente.

 

 

 

 

 

 

13-28/05/2015 Taller de Robótica

taller-robotica

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

8/05/2015 Teatro na Casa Dopeso "De leria con Castelao"

Este venres ás 10,30h, os curso de 4ºESO e 1ºBAC asisten á representación " De leria con Castelao" na Casa Dopeso. Esta actividade realízase conxuntamente co IES Moncho Valcarce e a súa duración estimada é de 60 minutos. De leria con Castelao

SINOPSE:

E se puidésemos pasar unha hora de leria con Castelao mentres está a escribir unhas supostas memorias da súa vida? Qué nos contaría?
Nesta viaxe da man do célebre autor descubriremos a súa obra dentro da súa vida: do Castelao neno na Pampa arxentina, ao mozo que se achegaba ao teatro e a caricatura na universidade, do abandono da medicina  ás inquedanzas que lle  producía o estado no que se atopaba a Galiza na que viviu, reflectida na súa obra gráfica e literaria, do desterro a Badajoz primeiro e a  Arxentina despois ata o último Castelao autor de teatro con Os vellos non deben de namorarse.
 Ao longo de pouco menos dunha hora, Castelao cóntanos a súa vida a través dos seus textos, cadros e debuxos; alternando o relato con fragmentos destacados  da súa obra. Desde o Castelao político, que defende a loita polo Estatuto de  Autonomía ata o Castelao máis sentimental que retrata a crueza da realidade  na que se atopa Galiza; desde o famoso discurso nas Cortes da II República  ata un fragmento da súa única obra de teatro, pasando por toda a súa obra: Nós, Retrincos, os dous de sempre, Sempre en Galiza …

 

 

 

21-23/04/2015 Día do libro en Bilbao

 Guggenheim

Un ano máis os argallerios e argalleiras das letras celebran o día do libro neste caso en Bilbao.

Na súa estadía aproveitarán para coñecer a cidade: museos coma o Guggenheim, edicifios culturais coma a Alhóndiga, etc. ademais de facer a lectura continuada do libro de Fran Alonso "Silencio" e a composición dun poema coas palabras elixidas. A hora de saída esta prevista para o 21 de abril ao mediodía e a volta para o 23 á noite.

 

 

16/04/2015 Taller de Primeiros Auxilios

 Primeiros auxilios

A Cruz Vermella ven o  xoves 16 de abril a impartir un taller práctico de primeiros auxilios para os alumnos de 1º de Bacharelato e 1º de todos os ciclos formativos do centro. A súa duración é de dúas horas.

 Se entienden por primeros auxilios, los cuidados inmediatos, adecuados y provisionales prestados a las personas accidentadas o con enfermedades de aparición súbita antes de ser atendidos en un centro asistencial.
Los objetivos de los primeros auxilios son:
- Conservar la vida.
- Evitar complicaciones físicas y psicológicas.
- Ayudar a la recuperación.
- Asegurar el traslado de los accidentados a un centro asistencial.

 

 



page | by Dr. Radut