Skip to Content

Actividades Extraescolares Primeiro Trimestre 2014-2015

19/12/2014 Festa de Nadal

O último día de clase antes das vacacións fixemos a festa de Nadal, na que ademáis das entregas de premios do concurso de fotografía científica e de postais, tivemos a actuación da Big Band o o grupo Random, ambos formados por alumnos do noso instituto.

big band

random

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Por outra banda, os representantes do Concello de As Pontes viñeron a agradecer a doazón de alimentos para a vila desenvolvida polos Argalleiros e argalleiras das letras feita cos cartos recadados nas actividades organizadas por este grupo de lectura do centro.

argalleiros

argalleiros2

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Gañadores concurso de fotografía científica

A entrega de premios terá lugar o venres 19 de decembro no salón de actos, despois da entrega de notas.Os gañadores son os seguintes:

Primeiro premio: Ariana Goás (4ºESO)

Tensión en la superficie del agua

nadal

Segundo premio: Cintia Pérez (3ºESO)

Iridiscencias

postal nadal

Terceiro premio: Artur Infante (1ºBAC)

Rozamiento

Na seguinte ligazón podes descargar o calendario para o ano 2015 en formato PDF coas doce fotos seleccionadas polo xurado, formado por profesores e membros da ANPA. Os autores das fotos do calendario, ademáis dos tres premiados son: Oliver Núñez (3ºESO), Carmen Polo (2ºBAC), Andrea Montero (2ºESO), Álvaro García Bellas (1ºESO), Andrés Varela (2ºESO), Sergio Picos (1ºSMR) e Brais Martínez (2ºBAC).

 Gañadores concurso de postais de nadal

A entrega de premios terá lugar o venres 19 de decembro no salón de actos, despois da entrega de notas.Os gañadores son os seguintes:

Primeiro premio: Vicente Iglesias (1ºESO)

nadal

Segundo premio: Adela Rodríguez (1ºESO)

postal nadal

Terceiro premio: Laura Otero (1ºESO)

Modalidade Inglés: Primeiro premio:

Sara Cerezuela (2ºESO)

 

Modalidade Inglés: Segundo premio:

Andrea Montero(2ºESO)

 

2/12/2014 Visita a Endesa

cental endesaO martes 2 de decembro, os alumnos de 3º da ESO, os de 4º da ESO do itinerario de ciencias e os de 1º de bacharelado da modalidade Ciencias e Tecnoloxía visitan a central térmica de As Pontes, dentro do programa "Todo un mundo de enerxia". A visita é desde as 10h ás 14h.

Na plataforma web http://www.endesaeduca.com mostranse as distintas actividades ofertadas por Endesa para escolares.

 

 

 

25/11/2014 Teatro en francés "Le tour du monde en 80 jours"

Todos os alumnos de francés do centro, desde 1º ESO ata 2º de Bacharelato, asistirán á representación de teatro: "Le tour du monde en 80 jours" de Julio Verne, no cine Alovi. A obra comenza ás 10:30 e os buses recollerán aos alumnos ás 10:10h. 

Sinopsisteaatro

Esta es la historia que cuenta la increíble hazaña conocida mundialmente que el señor Phileas Fogg realizó en el año 1872: Dar la vuelta al mundo en 80 días.

El viaje comienza a raíz de una apuesta en el Reform Club de Londres donde el millonario Sr. Fogg, desafía al resto de socios diciendo que es posible realizar esta proeza con los medios de la época.

Una obra maestra de Julio Verne donde las dificultades y obstáculos no lo serán para el Sr. Fogg y sus acompañantes, que serán capaces de emprender e improvisar las soluciones idóneas en cada caso.

Una obra dinámica que despierta las ansias de aventura y descubrimiento entre los jóvenes. Un viaje también hasta la lengua francesa de manos de uno de los autores más influyentes de la literatura clásica francesa.

 

LA BOHÈME THÉÂTRE

LA BOHÈME THÉÂTRE es el nombre que recibe la plataforma artística que produce, gestiona y representa espectáculos de teatro en francés de contenido pedagógico, docente y lúdico, donde los principales destinatarios son alumnos de centros educativos genéricos y centros educativos de idiomas con el objetivo de ofrecer un servicio de refuerzo y a la vez una herramienta en el aprendizaje del autor, género e idioma que se representa.

El propósito es ofrecer espectáculos anuales en lengua francesa con relatos en español dentro del curso escolar, para que los estudiantes de francés puedan tener la oportunidad de disfrutar del idioma en directo y al mismo tiempo aprender ya que el espectáculo ofrece un material didáctico que los alumnos/espectadores podrán trabajar en clase con anterioridad y posterioridad de la obra.

 

Nov-Dec 2014:  Talleres de prevención de drogodependencias

Un ano máis o Concello a través do programa "Zona Zero" ofrécenos unhas sesións para a prevención de consumo de drogas para os catro niveis da ESO.

Celebraranse maiormente nas horas de titoría dos catro grupos da ESO. Haberá tres sesións para 1º e 2º da ESO e dúas sesións para 3º e 4º ESO.

Terán os seguintes horarios:

1º ESO:
luns 17 de novembro (13:20h - hora de titoría)
luns 24 de novembro (13:20h -hora de titoría)
luns 1 de de decembro (13:20h -hora de titoría)

2º ESO:
martes 11 de novembro  (10:30h -hora de Ated.Educativa, HCR e Relixión)
mércores 19 de novembro  (13:20h - hora de titoría)
mércores 26 de novembro (13:20h - hora de titoría)

3º ESO:
martes 9 de decembro (12:30h - hora de titoría)
xoves 11 de decembro (11:20h - hora de Educación Física)

4º ESO:
xoves 11 de decembro (10:30h - hora de Língua Galega)
martes 16 de decembro 12:30h - hora de titoría)

 

14/11/2014 Concerto "Historia do Jazz".

jazzEste venres o Concello de As Pontes organiza no Cine Alovi, ás 12h esté concerto para os alumnos de 1º e 2º da ESO da vila (e tamén para os de 6º de primaria). A cantante Marián Ledesma, acompañada por grandes músicos de bandas como Miki Nervio & The Bluesmakers, ofrece un repaso por grandes cancións da historia do jazz interpretadas por mulleres. Poderemos escoitar na súa fabulosa voz temas de Bessie Smith, Elizabeth Cotten, Minnie Memphis, Dinah Washington, Billie Holliday e a gran deusa Ella Fitzgerald. Ademais das súas cancións coñeceremos tamén anécdotas das súas vidas e do contexto social no que se desenvolveu un dos movementos musicais máis importante do século XX. A formación está composta por un contrabaixo, guitarra e voz.

 

12/11/2014 Conferencia sobre o CERN

cernSeguindo coa programación especial da Semana das Ciencias, os alumnos de bacharelato terán unha conferencia sobre o acelerador de partículas de Xenebra, o que visitarán no mes de xuño. O relator desta charla, Nestor Armesto, é un investigador da Universidade de Santiago, que traballou alí durante varios anos.

 

 

 

 

10/11/2014 Visita á exposición "Arte e Ciencia" en Santiago

arte e cienciaSeguindo coas actividades especiales con motivo da Semana das Ciencias, os alumnos de 2º e 3º da ESO visitan a exposición "Arte e Ciencia" da Galería Sargadelos de Santiago de Compostela. A visita ten unha duración de hora e media, desde as 10:30h ás 12h.

O obxectivo fundamental da exposición é ilustrar e profundar no diálogo entre a ciencia e a arte. Para explorar esa interacción dinámica selecciónanse obras e autores representativos de distintos movementos artísticos ao longo do tempo, iniciando a viaxe na arte castrexa e rematándoa con obras de arte dixital 3D recentemente expostas en congresos internacionais.
Na exposición prima a compoñente didáctica e divulgativa e está composta por:
- Paneis interpretativos que poñen de manifesto as conexións coa ciencia das distintas obras obxecto de análise
- Varias reproducións de obras de arte
- Obras orixinais 3D de Manuel Díaz
- Materiais para realizar un pequeno obradoiro  nas visitas guiadas

Máis información clicando aquí.

1-10/11/2014 Concurso "Fotografía Científica"

Desde o 1 ao 10 de novembro podes presentar as túas fotografías científicas a este concurso. Haberá premios otorgados pola ANPA e as mellores serán seleccionadas para o calendario de 2015 que publicará o instituto. Anímate!!

Máis información e bases do concurso clicando aquí.

Concurso fotografia

 

 

 

30/10/2014 Festa de Samaín

cabazaNo segundo recreo, de 12:10h ata as 12:40h, o EDLG en colaboración coa ANPA organizan a festa de Samaín. Haberá castañas, concurso de cabazas e de relatos curtos. Anímate a participar.

 

 

 

 

29/10/2014 IV Maratón de Cine dos "Argallerios e argalleiras das letras"

maraton-cine

 

LUGAR:  Salón  de  actos
HORARIO: 18.30h. – 8.30h:
18.30h: entrada e emprazamento dos asistentes.
18.45h:  Proxección  de  La  guerra de las galaxias.
21.00h.  Proxección  de  Vivir  es fácil con los ojos cerrados.
22.50h. Cea mentres comentamos e seguimos.
23.20h  Proxección  de Secretos  y mentiras.
01.20h. Proxección de Te doy mis ojos.
03.10h. Proxección de Gordos
05.05h. Proxección de  Song for a Raghy  Boy  (Los niños  de  San Judas)

Os  comentarios  das  películas irán  facéndose  ao  longo  das proxeccións.

Podes descargar nesta ligazón o progrma completo das proxeccións.

28/10/2014 - 18/11/2014 Proxecto "Queremos + Igualdade"

igualdadeO programa "Queremos + Igualdade" impulsado polo Concello de As Pontes, contén unha serie de actuacións, que se desenvolverán en horas de titoría, nas que se convidará ao alumnado a relfexionar sobre os valores da "igualdade de oportunidades" e o "rexeitamento de esterotipos que supoñan discriminación entre homes e mulleres".

O programa está inclúe formación de tipo educativo-creativo, a realización de de material audiovisual e unaha presentación final do videoclip musical resultado do traballo das aulas, cuxo obxectvo será o de visibilizar o arendido polo alumnado.

As sesión nas aulas teñen o seguinte calendario:

- Martes 28 de outubro de 12:30h a 13:20h.

- Xoves, 30 de outubro, de 13:20h a 14:10h.

- Martes 4 de novembro de 12:30h a 13:20h

- Xoves, 6 de novembreo, de 9:30h a 10:10h.

- Martes, 18 de novembro, de 11:20h - 13:20h.

 

Xa podes ver aquí o video co rap composto interpretado polos alumnos do IES Castro da Uz e o IES Moncho Valcarce. Tamén, nesta ligazón se pode descargar en formato mp3 e o documento coas letras e fotos da actividade.

 

 

24/10/2014 Conferencia sobre o Universo

Esta interesante confererencia para os alumnos de 1ºde Bacharelato estará a cargo dun especialista da Sociedade Galega de Historia Natural.

A Sociedade Galega de Historia Natural (S.G.H.N.) é "unha asociación independiente e cientifica, dedicada ó estudio, divulgación, conservación e defensa do medio natural, que non tén na súa actuación fins lucrativos" (Art. 5º dos Estatutos). A S.G.H.N. é unha asociación legalmente recoñecida, está inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584.918, no Rexistro de Asociacións Culturais Galegas co nº AO/C-000/382 e no folio 11 do Rexistro de Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia).

A S.G.H.N., desenvolve unha intensa actividade en temas medioambientais: Tén un representante no "Consello Galego do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible" dende a súa creación. Elaborou o Atlas de Vertebrados de Galicia publicado en 1995, que está a actualizar para os Anfibios e Réptiles.Realiza, dende 1973, os Censos Invernais de Aves AcuáticasCoordinou o "Programa de Conservación do Arao Iberico" da Union Europea.Organiza Xornadas e Congresos sobre temas medioambientais. Participa no Programa anual CoastWatch, avaliando o estado da beiramar. Publica revistas, monografías e boletíns de divulgación do medio ambiente. Organiza charlas e conferencias de educación ambiental. Persóase nos trámites de información pública e de Avaliación de Impacto Ambiental dos proxectos, públicos ou privados, con incidencia medioambiental.

 

Outubro 2014: Recollida de alimentos para o Pobo Saharaui

En colaboración cos Serecollida alimentosrvizos Sociais do Concello de As Pontes participamos na campaña de recollida de alimentos para o Pobo Saharaui que organiza SOGAPS (Solidariedade galega co Pobo Saharaui) ante a chamada de urxencia alimentaria que realizaron as autoridades saharauis.

No hall do instituto hai una caixa para recoller alimentos non perecedoiros (arroz, macarróns, lentellas, aceite de oliva, atún...) xunto con productos de hixiene. Colabora!!!!!

 


Os voluntarios de SOGAPS pasarán a recoller os alimentos na primeira semana de novembro

 

 

29/09/2014: Visita a Inditex

Os alumnos de 1º e 2º de Ciclo Superior de Administración e Finanzas xunto cos alumnos de bacharelato que cursan a asignatura de Economía visitan o centro principal de Inditex, situado no polígono de Sabón, en Arteixo. Amosaranlles todos os pasos da cadea de producción asi como os procesos productivos, loxísticos, etc.



book | by Dr. Radut