7/03/2014: Día Internacional da Muller
Os alumnos de 1º e 2º da ESO asisten o venres 7 de marzo a un acto de celebración do Día Internacional da Muller. Terá lugar no cine Alovi, desde as 11h ás 12h.
O programa é o seguinte:
Apertura: Dª Erika Sanz (Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do IPPEC)
Intervirán as seguintes mulleres vinculadas a profesións:
- Laura Ameneiro (Médico Traumatólogo do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol)
- Cecilia García Picallo (Veterinaria emprendedora, xerente da clínica Nexo Veterinarios de As Pontes)
- Lucía Legaspi Bouza (Policía Local do Concello de As Pontes)
- Jennifer Gómez Galego (Emprendedora Xerente da empresa Sergabi Tratamientos del Metal, de As Pontes)
- Rocío Meizoso Meizoso (Avogada do bufete Meizoso Abogados, de As Pontes)
Durante o acto un alumno/a representante de cada centro educativo lerá un manifesto (non máis de 2 min.) relativo á celebración do Día Internacional da Muller.
Proxectarase un video onde se verá a mulleres de As Pontes traballando en empresas pontesas facendo tarefas históricamente atribuidas solo a homes.
12:00 hs. Clausura: Montserrat García Chavarría (Concelleira de Industria, Promoción Económica, Comercio e Hostalaría do Concello de As Pontes).
6/03/2014: Os Argalleiros e Argalleiras das Letras visitan o Centro da Terceira Idade das Pontes
O alumnado do IES Castro da Uz - representado polos argalleiros e argalleiras de 1ºBAC- continúa coa tradición de proseguir o traballo iniciado polos seus compañeiros e compañeiras. No ano 2005, logo de dous anos de traballo, o alumnado publicou O libro dos nomes e das árbores. No prólogo, Gonzalo Navaza escribe:
“Árbores, persoas, nomes
sonvos os tres ingredientes
que artistas adolescentes
combinaron con primor
pra ofrecerllos ó lector
como flores recendentes”. ( Maio, 2005)
No 2014, estes “artistas adolescentes”, achegaranse ao Centro da Terceira Idade das Pontes para ofrecerlles a estas persoas o seu traballo e pedirlles que compartan a súa sabedoría sobre as árbores celtas que rexen os nosos destinos, achegándoos asemade á nosa tradición e cultura. Coñeceremos outros nomes para estas árbores, cales eran os seus usos, se tiñan propiedades medicinais, e algunha que outra historia, adiviña, refrán ou copla sobre elas.
Unha vez máis a ADOLESCENCIA E MADUREZ continúan coa nosa TRADICIÓN.
Este venres faremos a festa do Entroido. O programa é o seguinte:
ESO e BAC: clases normales atá ás 12h. A partir das 12h:
12:00 - 12:30 : Degustación de freixós e orellas.
12:30 - 13:00 : Concurso de disfraces.
13:00 - 13:25 : Rap e regueifas (1ºESO).
13:25 - 13:35 : Comparsa (4ºESO).
13:35 - 13:50 : Percursión (tres grupos: 2ºESO, 3ºESO, 4ºESO+1ºBAC)
13:50 - 14:05 : Actuación do grupo de rock: Random (alumnos/as de varios cursos)
14:05 - 14:10 : Entrega de premios (ANPA)
CICLOS, ESPA e PCPI: clases normales todo o día.
6 e 12/02/2014: Tiro con arco no "Club de Tiro con Arco Silex"
O Clube de Tiro con Arco "Silex" de As Pontes ofertanos gratuitamente esta actividade de tiro con arco organizada polo departamento de Educación Física para os nosos alumnos de 1º de Bacharelato (xoves 6 de febreiro) e 4º da ESO (mércores 12 de febreiro). A actividade ten unha duración de dúas horas.
Máis info do clube en: http://www.arcosilex.org/
30/01/2014: Conmemoración do Día da Paz
Os “argalleiros e argalleiras das letras” do IES Castro da Uz agradecen a colaboración do CEIP Santa María por abrirlles as súas portas a estes mensaxeiros da PAZ. Eles e elas levarán contiños e historias que falan de amizade, cariño, xustiza, liberdade, bondade... a nenos e nenas dese centro, para que entre todos - como dicía a Madre Teresa de Calcuta- a PAZ COMECE CUN SORRISO.
Saída do IES Castro da Uz ás 10,10h
Chegada ao CEIP Santa María ás 10,20h
Actuación: 10.30h- 11,15h
28/01/2014: Presentación de estudos do Centro Superior de Hostelería de Galicia
O CSHG ven a presentarnos no segundo recreo os estudos que podemos cursar nas súas instalacións. A charla vai dirixida principalmente aos alumnos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato pero pode asistitr calquera de vós. Tedes máis información en http://www.cshg.es/
OCSHG (Centro Superior de Hostelería de Galicia) é un centro de ensinanza superior que forma directivos hostaleiros e xestores en cociña cunha metodoloxía moderna e eficaz, coa que o alumnado pode acadar os máis altos niveis de profesionalidade activa na súa futura profesión. A importancia estratéxica do turismo en Galicia e a necesidade de contar con directivos especializados en xestión hoteleira foron os motivos que levaron ao gobierno galego a decidir a creación do Centro Superior de Hostelería de Galicia en 1993. Dous anos máis tarde, poríase en marcha o primeiro curso académico. Desde 1995, ano en que se puxo en marcha o primeiro curso de Diploma de Xestión de Empresas Hostaleiras, o CSHG formou a 2.000 directivos que desenvolven o seu labor en empresas hostaleiras e turísticas de todo o mundo.
16/01/2014: Teatro "I'll be watching you" de Grupo Chévere
A Compañía de teatro Chévere ofrécenos a súa obra: "I'll be watching you" espectáculo pedagóxico, musical e amoroso que analiza as cancións desde una perspectiva de xénero. O espectáculo é organizado polo Concello de As Pontes, será ás 12 da mañá no salón de Actos da Casa Dopeso, cunha duración de 50 minutos e asistirán os cursos de 3º e 4º da ESO.
Yeni é a vocalista e Dami o guitarrista dunha orquestra de pachanga. Veñen ofrecer o típico repertorio versioneando os éxitos do pop actual, esa música supostamente neutral e apolítica... A obra cuestiona os estereotipos ríxidos de home e muller e das relacións de parella que transmiten moitas baladas románticas de consumo masivo. Unha peza máis do seu teatro con perspectiva de xénero, que se dirixe principalmente ao público xuvenil para actuar na prevención da violencia machista.
Chévere comeza unha nova xira desta peza que durante os dous próximos meses poderá verse en catorce concellos de Galicia. Esta xira faise co apoio de concellos como o de Pontevedra e da Secretaría Xeral da Igualdade.