12 de maio, Día das Matemáticas

As matemáticas posúen non só a verdade, senón certa beleza suprema. Unha beleza fría e austera, como a dunha escultura. Bertrand Russell

 

     No ano 2000, declarado pola UNESCO Ano Mundial das Matemáticas, instituíuse a celebración do día 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas pola Federación Española de Sociedades de Profesores/as de Matemáticas (FESPM). A iniciativa xurdiu de Luis Balbuena, da Sociedad Canaria de Matemáticas Isaac Newton. Esta data foi elixida na honra do insigne Pedro Puig Adam, nado o 12 de maio de 1900, quen foi o iniciador da didáctica das Matemáticas en España, sendo  internacionalmente recoñecido no ensino desta materia. Con el comezou a renovación do ensino das Matemáticas no noso país, na década dos cincuenta.

 

     Desde entón cada ano ten lugar esta celebración centrándoa nun tema que relaciona as matemáticas con algún outro ámbito do coñecemento e as diferentes Sociedades de Profesores/as de Matemáticas organizan actos abertos, exposicións, conferencias, debates, etc. para sensibilizar e artellar o profesorado doutras materias arredor das Matemáticas, dado que estas constitúen un modelo, unha linguaxe e un xeito de pensar común a todas elas.

AdxuntoTamaño
guialibrosmatematicas.pdf1004.51 KB