Exposición: Sistema Solar

Mónica Vaz Veiga, profesora de Bioloxía e Xeoloxía,  coordinou esta exposición producida polos alumnos de 1º ESO A, 1º ESO B e 1º ESO C. Pedíuselles que utilizaran materiais que atoparan na casa para realizalos a fin de promover a reciclaxe e de que non existiran custos económicos ou estes foran os mínimos. Insistiuse especialmente en que non tiñan necesidade de comprar nada para realizar os seus proxectos. Pedíuselles a realización dun esquema previo na casa do que querían facer, para que usaran a súa imaxinación e orixinalidade no emprego de materiais cotiáns  e no desino dos planetarios.

Cada corpo celeste tiña que ter unha pequena nota co nome remarcado do astro e dúas características de cada astro expresadas nunha ou dúas palabras para que ó alumnado aprendera estas e a medida que realizaba o seu proxecto. A pretensión é que o alumnado coñeza as características básicas do Sistema Solar a partir do traballo manual e visual. Os alumnos fixeron tamén producción escrita contando unha viaxe polo Sistema Solar. Como sempre, os resultados son sorprendentes.

 

[Clica sobre as imaxes para acceder á Galería]