Skip to Content

Novidades

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E DAS AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2019/2020.

Nos arquivos que se achegan poden consultar a información relativa á convocatoria do fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir material escolar para o curso 2019/2020. Lembren que o prazo para presentar solicitudes remata o día 21 de xuño de 2019 (este incluido).

VACACIÓNS SEMANA SANTA 2019

Este centro permanecerá pechado do 15 ao 22 de abril, ámbolos dous días incluídos. Aquelas persoas que necesiten poñerse en contacto con nós poden chamar ao teléfono 881960480 en horario de 11:00 a 13:00 horas.

LISTAXES PROVISIONAIS DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2019/2020

No arquivo que se achega poden consultar a listaxe de alumnado admitido para o curso 2019/2020. Poderán formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación ante o consello escolar deste centro. O prazo para reclamar remata o día 9 de abril.

 

 

TÍTULOS DE E.S.O. CURSO 2016/2017

O alumnado que rematou a E.S.O. no curso 2016/2017 pode recoller o título correspondente na Administración do centro.

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO PROCEDENTE DO CEIP VICENTE OTERO VALCÁRCEL ADMITIDO PARA O CURSO 2019/2020.

Segundo o punto 2.2b) das Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, publicamos, no arquivo que se achega, a listaxe definitiva de alumnado procedente do CEIP Vicente Otero Valcárcel que foi admitido en 1º de ESO para o curso 2019/2020.

ACTUALIZACIÓN DE DETERMINADAS MEDIDAS CORRECTORAS.

 Segundo o aprobado polo Consello Escolar do 28 de xaneiro e o artigo 42 do decreto 8/2015, de 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, e, para garantir a convivencia no centro, establécense as seguintes medidas correc

USO DO TELÉFONO MÓBIL E OUTROS DISPOSITIVOS ELECTRÓNICOS NO CENTRO.

 Segundo o aprobado no Consello Escolar do 28 de xaneiro e o que establece o artigo 11.3 da lei 4/2011, de 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa, queda prohibido o uso do teléfono móbil e outros dispositivos electrónicos en todo o recinto escolar.

 

O uso do teléfono móbil e doutros dispositivos electrónicos en actividades distintas ás académicas terá a consideración de conduta leve contraria á convivencia e serán de aplicación as seguintes medidas correctoras:

 

  1. Amoestación por escrito (parte de incidencias).

  2. Depósito do teléfono móbil. Farase do seguinte xeito:

 

 

ONDE?

Na Administración do centro.

QUEN?

O alumnado e o/a profesor/a que asina o parte.

COMO?

Apagado polo propio/a alumno/a sen retirar a tarxeta interna.

DEPÓSITO:

En sobre pechado no que o alumnado fará constar o seu nome e apelidos completos, data e hora do depósito e sinatura. No caso de que o alumnado se negue a entregar o móbil, o profesorado considerará este feito como acto de indisciplina (conduta contraria ás normas de convivencia).

Aínda que o sobre quedará no centro, este non terá ningunha responsabilidade sobre a custodia do mesmo.

RECUPERACIÓN DO TELÉFONO MÓBIL:

O propio/a alumno/a, ao remate da xornada lectiva (14:10 e os luns ata as 18:00 h. ) ou da actividade complementaria ou extraescolar.

 A dirección do centro lémbralle ás familias que tanto os responsables como o alumnado se poden poñer en contacto a través do teléfono do centro (881960480) dentro da xornada lectiva. No caso de que se detecte calquera comunicación do alumnado coas familias a través dun teléfono móbil aplicarase o procedemento descrito.

 

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2018/2019: RESULTADO DO SORTEO PÚBLICO PARA A DESIGNACIÓN DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL.

No arquivo que se achega poden consultar o resultado do sorteo público celebrado o 18 de outubro para elixir os membros da Xunta electoral que supervisará as eleccións ao Consello escolar deste centro.

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2018/2019

Nos documentos que se achegan poden consultar as listaxes de alumnado admitido e excluído no fondo solidario de libros de texto para o curso 2018/2019. Os pais/nais/titores do alumnado (ou persoa debidamente autorizada) poderán recoller os libros no centro a partir do día 18 de setembro, de 9:00 a 14:00 horas.

INICIO DO CURSO 2018/2019

O luns 17 de setembro comezará o curso 2018/2019 cunha presentación ás 11:30 h. Os buses escolares pasarán pola primeira parada das rutas ás 11:00 h. 

A presentación rematará ás 12:30, hora á que sairán os autobuses do centro. O martes, 18 de setembro, comezarán as clases con total normalidade no horario habitual.

Distribuir contido


by Dr. Radut