Skip to Content

Novidades

INSTRUCIÓNS DA CONSELLARIA RESPECTO Á COVID NO CURSO 2022/23

Achegamos a actualización do Protocolo COVID da Consellaría para o novo curso.

INICIO DAS CLASES O VENRES 9 DESDE AS 8:30 ÁS 14:10

Por indicacións da Consellaría, a organización das actividades lectivas debe realizarse desde o primeiro día, neste curso en Carral o 9 de setembro, en horario completo sen  reducións de xornada. É por isto que comezaremos ás 08:30 e remataremos as 14:10. O transporte pasará no horario habitual polas diferentes paradas.

Libros de texto que poden conseguir as familias no Concello de Carral

Compartimos esta información  do Concello de Carral sobre os libros de texto que pode ser de interese para as familias.

 

 

 

PARABÉNS AO NOSO ALUMNADO POR APROBAR O DELF

 

Parabéns ao noso alumnado de 4º da ESO que se presentou para a obtención do diploma DELF de Francés, pois todas e todos eles conseguiron aprobar.

 

 

 

 

COMUNICADO CONXUNTO DAS CONSELLERÍAS DE SANIDADE E EDUCACIÓN SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NOS PATIOS DOS COLEXIOS

"O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade".

Seguindo estas instruccións, a partires deste momento deixará de ser obrigatorio o uso das máscaras nos exteriores do centro, tanto no patio  como nas entradas e saídas. Non obstante, aqueles que o consideren oportuno poderán seguir facéndoo como ata o de agora.

Recomendamos que os alumnos traian unha máscara de reposto para sustituir ante posibles perdas ou deterioros desta durante o recreo.

 

TÍTULOS DE ESO DO CURSO 2018/2019.

O alumnado que rematou a ESO no curso 2018/2019 pode recoller o seu título na Administración do centro en horario de 09:00 a 13:00 horas. Se non puidera recollelo persoalmente debe autorizar por escrito á persoa que acuda ao centro.

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021/2022 (CENTROS NON ADSCRITOS)

Nos arquivos que se achegan poden atopar a información e o impreso de solicitude relativos ao proceso de admisión de alumnado (non matriculado en centro adscrito) para o vindeiro curso 2021/2022. O prazo para a presentación de solicitudes abranguerá do día 1 ao 22 de marzo, ambos incluídos.

A solicitude poderá presentarse das seguintes maneiras:

- A través da aplicación admisionalumnado.

- A través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Deben presentar o impreso ED550B utilizando a Chave365 ou un certificado dixital.

- Na Administración do centro. Deben presentar a seguinte documentación:

  • Impreso de solicitude debidamente cuberto.
  • Documento acreditativo do requisito de idade do/a alumno/a (copia do DNI).
  • Certificado oficial do expediente académico.
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso. Lembren que, neste caso, os dous proxenitores deben asinar o impreso de solicitude.

 

 

HISTORIAIS ACADÉMICOS DE ESO. CURSO 2019/2020.

O alumnado que rematou a ESO no curso 2019/2020 pode recoller o historial académico correspondente na Administración do centro. Previamente, debe solicitar cita no teléfono 881960480.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-25

Nos arquivos adxuntos pode consultar os libros de texto para o curso 2024-25.

ENTREGA DOS LIBROS ADXUDICADOS NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2020/2021

Os libros adxudicados no Fondo solidario de libros de texto para o curso 2020/2021 deberán ser recollidos no centro polos titores legais do alumnado ou persoa autorizada por escrito segundo o seguinte horario:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut