Skip to Content

Novas

TRABALLO PARA O ALUMNADO COA MATERIA PENDENTE DE MATEMÁTICAS

No seguinte enlace podedes descargar os boletíns de exercicios para poderdes superar a materia pendente de Matemáticas. Lembrade que tedes que entregalos o día do exame, é dicir, o 6 de maio. Moito ánimo e a traballar un puco cada día!

 

BOLETÍN PENDENTE 1º ESO

BOLETÍN PENDENTE 2º ESO

TRABALLO PARA O ALUMNADO DE PFB DURANTE O PECHE DO CENTRO

No seguinte enlace podedes ver as actividades das diferentes materias que debedes realizar durante o período de suspensión das aulas. Estade atentos á páxina web porque se poderán realizar cambios. Moito ánimo e a traballar un pouco cada día!

 

ACTIVIDADES PARA PFB

ACTIVIDADES MATEMÁTICAS

AVISO SOBRE O TRABALLO DO ALUMNADO DURANTE O PECHE DO CENTRO

Seguindo as directrices da Xunta de Galicia, durante a xornada do luns publicaranse as actividades propostas polo profesorado para que o alumnado continúe o seu proceso formativo nos seus domicilios. Ditas actividades non terán carácter de avaliables.

Prestarase especial atención á titorización do alumnado de 2º de Bacharelato.

Por mor de labores de mantemento e mellora de servizo por parte da consellería, a aula virtual non estará dispoñible o sábado 14 de marzo desde as 9:00 e por un tempo estimado de 12 horas.

No seguinte enlace teñen unha relación do profesorado do noso centro e a forma de contacto para consultar dúbidas.

Segundo recibamos información, iremos comunicándoa na páxina web e mediante o abalarMobil.

Moitas grazas pola súa paciencia e comprensión.

 

CONTACTO DO PROFESORADO DO IES CANIDO

 

 

AVISO IMPORTANTE SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

SUSPENSIÓN DAS AULAS

Por orde da Xunta de Galicia, suspéndense todas as actividades lectivas e extraescolares a partir do luns 16 de marzo e por un período de 14 días.

Recoméndase non asistir mañá, venres 13 de marzo, ao instituto.

Seguiremos informando mediante a páxina web e Abalar.

Distribuir contido


by Dr. Radut