Skip to Content

Novas

ADMISIÓN BACHARELATO 2021/22

Desde o martes 20 de abril pódense consultar no centro educativo as listaxes de admitidos e excluídos correspondentes ao 1º curso de Bacharelato para o ano académico 2021/22.

Ata o martes 27 de abril (incluído) poderanse presentar as reclamacións oportunas.

VENRES 8 DE XANEIRO HABERÁ CLASE A DISTANCIA

Prezadas familias,

Como xa sabedes, no noso centro estamos a facer obras importantes. Durante o Nadal avanzouse bastante, pero aínda non se rematou a renovación da entrada principal.

Por iso, o instituto aínda non está preparado para recibir o alumnado o venres 8 de xaneiro. Este día o ensino será a distancia a través de videoconferencia seguindo o horario espello de cada grupo que poden consultar na nosa páxina web.

O profesorado mandará as instrucións e a ligazónda reunión ao correo electrónico do alumnado nos próximos días.

O ensino presencial retomarase o luns 11 de xaneiro no horario habitual.

Desculpen as molestias causadas e quedamos á súa disposición para calquera dúbida ou consulta.

Feliz 2021! Un saúdo,

O equipo directivo.

 

REUNIÓNS COAS FAMILIAS DE 1º ESO

O martes 8 de setembro terá lugar unha reunión informativa para os pais/nais/titores do alumnado de 1º ESO nas seguintes quendas:

 

1ª quenda: 18:00

2ª quenda: 19:30

 

Pregamos acudir sen o acompañamento dos rapaces e rapazas para evitarmos aglomeracións e, se é posible, a asistencia de só un dos proxenitores.

 

Moitas grazas pola súa comprensión e colaboración!

PUBLICACIÓN DAS ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

As adaptacións realizadas nas programacións didácticas pódense atopar na sección correspondente a cada departamento.

Nelas poderán consultar:

- Os estándares e competencias imprescindibles que se desenvolverán durante o terceiro trimestre.

- Os criterios de avaliación e cualificación final na avaliación ordinaria.

- Os criterios para a recuperación das materias pendentes.

INFORME SOBRE A 3ª AVALIACIÓN DE 2º DE BACHARELATO

No seguinte enlace podedes consultar os criteiros de avaliación e cualificación que se aplicarán durante o terceiro trimestre nas materias de 2º de Bacharelato.

INFORMACIÓN ACTUALIZADA SOBRE OS CRITERIOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN

INFORME 2º BAC

Distribuir contido


by Dr. Radut