Skip to Content

Novas

Axudas alumnado NEAE

O 26 de abril publicouse no BOE a resolución do 20 de abril pola que se convocan axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 23-24.

O prazo extenderase do 8 de maio ata o 20 de setembro de 2023, ambos inclusive.

Pódese consultar o extracto da resolución no enlace.

As solicitudes cumplimentaranse na dirección ou a través da sede electronica.

Poesía e imaxe

A alumna de 1º da ESO do noso centro, Sara Gomis, gañou o premio "Poesía e Imaxe" convocado polo equipo de normalización lingüística do Concello de Ferrol.

Noraboa.

poesia_imaxe
poesia_imaxe_2

Becas estudos post-obrigatorios 23-24

Becas MECO 17 de marzo publicouse a convocatoria de becas do Ministerio de Educación e Formación Profesional para estudios post-obrigatorios. O prazo de presentacións de solicitudes é dende o 27 de marzo ata o 17 de maio de 2023.

No enlace está a  información e acceso para facer a solicitude en liña.

 

Procedemento de reclamación das cualificacións finais

 Instrución 2/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato, para o curso 2022-2023.

Instrucción 2/2023

Calendario de reclamacións 22_23

Modelo de reclamación ao departamento

Modelo de reclamación a Xefatura Territorial

RENOVACIÓN PARCIAL CONSELLO ESCOLAR

urna electoralNeste curso vaise proceder á renovación parcial do consello escolar do centro. A día de hoxe hai catro vacantes no colectivo do profesorado, unha no de alumnado, unha no do persoal de administración e servizos e unha no colectivo de nais/pais/titoras/titores.

Do 11 ao 17 de novembro, ambos incluídos, se abrirá o prazo para a presentación de candidaturas e o 29 de novembro será a votación.

No enlace está o calendario de eleccións e a normativa reguladora deste proceso.

Distribuir contido


by Dr. Radut