Seguindo as directrices da Xunta de Galicia, durante a xornada do luns publicaranse as actividades propostas polo profesorado para que o alumnado continúe o seu proceso formativo nos seus domicilios. Ditas actividades non terán carácter de avaliables.
Prestarase especial atención á titorización do alumnado de 2º de Bacharelato.
Por mor de labores de mantemento e mellora de servizo por parte da consellería, a aula virtual non estará dispoñible o sábado 14 de marzo desde as 9:00 e por un tempo estimado de 12 horas.
No seguinte enlace teñen unha relación do profesorado do noso centro e a forma de contacto para consultar dúbidas.
Segundo recibamos información, iremos comunicándoa na páxina web e mediante o abalarMobil.
Moitas grazas pola súa paciencia e comprensión.
CONTACTO DO PROFESORADO DO IES CANIDO
Adxunto | Tamaño |
---|---|
LIstaxe contacto profesorado suspensión aulas.pdf | 137.85 KB |