Skip to Content

Actividades

Actividades ANPA

Actividades organizadas pola A.N.P.A

Viaxe a Londres

 

Datas e horarios:

Ida Venres 5/3/2010 dende A Coruña ás 9:40

Saída en bus dende o centro ás 6:40

 

Volta Martes 9/3/2010 dende Londres ás 11:35 chegada a Coruña sobre as 14:35

Volta ao centro en bus. Chegada ao centro dependendo de horarios.

Nota: O prezo do bus é de 10 € e inclúe a viaxe de ida e volta.

 

Documentos de interese:

Contrato do centro coa axencia (O documento vese do revés porque así foi como nolo enviaron dende a axencia, en calquerea lector de pdf, Adobe Reader por exemplo, pódese xirar en Ver-->Rotar Vista)

Hotel Piccadilly Backpackers

Horario das actividades a realizar en Londres

Iremos engadindo nova información dos autobuses, actividades e todo aquelo que sexa relevante.

Vídeo realizado por Raquel López Romero de 4º B

A SUSTENTABILIDADE NO CENTRO EDUCATIVO: ESCOLA DE FAMILIAS

A SUSTENTABILIDADE NO CENTROEDUCATIVO: ESCOLA DE FAMILIAS

ACTIVIDADE:CONSUMO e SAÚDE (Dr. Carlos Piñeiro)

 

Estimados/as Sres/as:

Dentro do programa de innovación AXENDA 21 ESCOLAR DEGALICIA e do programa de apertura do centro en horario non lectivo (abertofundamentalmente ao barrio en que está encravado) o IES Canido está a organizarunha ESCOLA DE FAMILIAS.

Como ben saben vostedes, o xeito de vida da sociedadeactual está a provocar serios problemas de sáude, con gravísimas consecuenciasde enfermidades cardiovasculares, que afectan especialmente a mozos e mozas,cousa que non ocorría noutras épocas. É por iso que a primeira das actividadesprogramadas tratará o tema CONSUMO e SAÚDE, para o que contamos como director e moderador co Dr. D. Carlos Piñeiro,presidente da Asociación Amigos do Corazón.

O Dr. Piñeiro ofrecerá unha charla no Salón de Actos doIES Canido o vindiero mércores, 27 de xaneiro de 2010 ás 20:00 horas (8 datarde). Despois da súa intervención poderán plantexarlle as preguntas que considerenoportunas. Parécenos que para dirixir ou moderar a actividade poderíamos contarco Dr. Carlos Piñeiro polas referencias que temos.

Parécenos que este é un problema moi serio que debeafrontarse desde o ámbito familiar, polo que consideramos fundamental a súaasistencia.

Aproveito esta ocasión para saudalos atentamente.

 

 

Ferrol,

20 de xaneiro de 2010

O Vicedirector

 

 

 

Asdo: Arturo Cribeiro Bouzamayor

Os Morcegos

Distribuir contido


by Dr. Radut