Skip to Content

A SUSTENTABILIDADE NO CENTRO EDUCATIVO: ESCOLA DE FAMILIAS

A SUSTENTABILIDADE NO CENTROEDUCATIVO: ESCOLA DE FAMILIAS

ACTIVIDADE:CONSUMO e SAÚDE (Dr. Carlos Piñeiro)

 

Estimados/as Sres/as:

Dentro do programa de innovación AXENDA 21 ESCOLAR DEGALICIA e do programa de apertura do centro en horario non lectivo (abertofundamentalmente ao barrio en que está encravado) o IES Canido está a organizarunha ESCOLA DE FAMILIAS.

Como ben saben vostedes, o xeito de vida da sociedadeactual está a provocar serios problemas de sáude, con gravísimas consecuenciasde enfermidades cardiovasculares, que afectan especialmente a mozos e mozas,cousa que non ocorría noutras épocas. É por iso que a primeira das actividadesprogramadas tratará o tema CONSUMO e SAÚDE, para o que contamos como director e moderador co Dr. D. Carlos Piñeiro,presidente da Asociación Amigos do Corazón.

O Dr. Piñeiro ofrecerá unha charla no Salón de Actos doIES Canido o vindiero mércores, 27 de xaneiro de 2010 ás 20:00 horas (8 datarde). Despois da súa intervención poderán plantexarlle as preguntas que considerenoportunas. Parécenos que para dirixir ou moderar a actividade poderíamos contarco Dr. Carlos Piñeiro polas referencias que temos.

Parécenos que este é un problema moi serio que debeafrontarse desde o ámbito familiar, polo que consideramos fundamental a súaasistencia.

Aproveito esta ocasión para saudalos atentamente.

 

 

Ferrol,

20 de xaneiro de 2010

O Vicedirector

 

 

 

Asdo: Arturo Cribeiro Bouzamayor



page | by Dr. Radut