O IES de Canido enviou dous equipos á fase local do Clube de debate que tivo lugar o luns 24 de abril.
Debateuse sobre o tema "Somos menos sociais coas redes sociais" e os competidores defenderon posicións a favor ou en contra. Todos os compoñentes tiveron boa participación e o equipo de cuarto se clasificou para a fase final que terá lugar en Bertamiráns o 3 de xuño.
Noraboa a tódolos compoñentes dos equipos polo bo traballo realizado no que recolleron os froitos do esforzo dos días adicados á preparación e do bo facer das profesoras que os dirixiron: Victoria, Marcela e Carmen.
Na fase final se medirán con outras cinco formacións de Galicia. O equipo vencedor poderá gozar dunha viaxe educativa.
Estas actividades permiten ao alumnado practicar as súas habilidades comunicativas e promover o intercambio de ideas e opinións.
No enlace está a nova publicada no Diario de Ferrol.