O Concello de Ferrol amplía este curso a formación a través da Escola de Familias.
A prevención de condutas adictivas será o primeiro dos tres módulos que se impartirán (un por cada trimestre), e como o ano anterior, serán de novo Asfedro e Asociación de Exacohólicos as entidades que se encarguen de tutorizar as sesións, que darán comezo o 10 de novembro e se levarán a cabo os mércores ata o 22 de decembro (en total, seis sesións) no salón de actos do edificios social (rúa Sánchez Barcáiztegui 35).
O segundo módulo que se levará a cabo, en febreiro e marzo, será sobre sexualidade dirixido a nais/pais; e o terceiro (derradeiro trimestre do ano), sobre educar na diversidade. Nestes dous módulos participarán outras entidades da cidade expertas en cada un dos temas a abordar.
Podedes descargar o programa e a ficha de inscrición nos seguintes enlaces:
Adxunto | Tamaño |
---|---|
2. PROGRAMA.pdf | 469.48 KB |
3. FICHA DE INSCRIPCIÓN.pdf | 179.55 KB |