Skip to Content

VENRES 8 DE XANEIRO HABERÁ CLASE A DISTANCIA

Prezadas familias,

Como xa sabedes, no noso centro estamos a facer obras importantes. Durante o Nadal avanzouse bastante, pero aínda non se rematou a renovación da entrada principal.

Por iso, o instituto aínda non está preparado para recibir o alumnado o venres 8 de xaneiro. Este día o ensino será a distancia a través de videoconferencia seguindo o horario espello de cada grupo que poden consultar na nosa páxina web.

O profesorado mandará as instrucións e a ligazónda reunión ao correo electrónico do alumnado nos próximos días.

O ensino presencial retomarase o luns 11 de xaneiro no horario habitual.

Desculpen as molestias causadas e quedamos á súa disposición para calquera dúbida ou consulta.

Feliz 2021! Un saúdo,

O equipo directivo.

 

SAMAÍN NO IES CANIDO

CARTA ÁS FAMILIAS

Prezadas familias:

 

     Ante as informacións que están chegando polos distintos medios de comunicación, queremos comunicarvos a situación actual do noso centro.

 

    En xullo, a Consellería de Educación remitiu un protocolo no que a distancia interpersoal era dun metro. Fixemos as correspondentes medicións e adaptamos as aulas. Nese momento o noso obxectivo principal era implementar un programa de apoios dentro da aula para axudarmos o alumnado que presentase maiores dificultades ou atrasos por mor dos meses de confinamento.

 

     O 31 de agosto, despois da reunión co Ministerio de Educación, a Consellería cambiou o seu protocolo pasando a distancia interpersoal a 1,5 metros. Para podermos cumprir co novo protocolo debíamos desdobrar todos os grupos e, para iso, precisábamos de dous profesores máis dos que somos actualmente. Todo o persoal do centro, tanto docente como non docente, traballou sen parar para poñer a punto as aulas e desta forma podermos garantir a maior seguridade posíbel así como a mellor calidade educativa. Aseguráronnos que nos serían concedidos os dous docentes que necesitábamos, polo que todo estaba listo para comezar o 16 de setembro tal e como estaba previsto nun primeiro momento.

 

     O 11 de setembro infórmannos de que a Consellería volve a cambiar de opinión. Non nos van conceder os dous profesores necesarios para facer desdobres. Se non podemos garantir a distancia interpersoal de 1,5 metros, teremos que mercar pantallas que separen o alumnado.

 

      Non hai elección posíbel. Non hai profesorado extra. Non hai apoios dentro da aula.

 

     Sen instrucións publicadas oficialmente na páxina da Consellería, comezamos a traballar de novo coas informacións que nos chegan desde os medios de comunicación aínda que sabemos que non contan toda a verdade.

 

      Por último, o 16 de setembro temos a confirmación de que, a diferencia doutros centros, non nos conceden máis persoal docente. Isto supón que non será posíbel desdobrar os grupos de Bacharelato e, polo tanto, non se poderá manter a distancia interpersoal de 1,5 metros e deberán comezar en modo semipresencial ata a instalación completa das pantallas protectoras necesarias.

 

      Non haberá os apoios dentro da aula que serían desexables nin o número óptimo de profesorado de garda.

 

    Desde o claustro do IES Canido queremos transmitir a toda a comunidade educativa que, a pesar de todo, desexamos reencontrarnos co noso alumnado porque ter os rapaces nas aulas é o único que nestes momentos nos dá os folgos para continuarmos e a motivación necesaria para lembrarmos que nos gusta a nosa profesión e que os rapaces son o único importante.

 

      Un saúdo.

 

 

 

QUENDAS PARA RECOLLER OS LIBROS DE TEXTO PARA AS FAMILIAS BENEFICIARIAS DO FONDO DE LIBROS

 

4º ESO

lUNS 21 DE SETEMBRO

De 10:30 a 11:00

Os alumnos cuxo primer apelido empece por ALME ata BLAN

De 11:00 a 11:30

Os alumnos cuxo primer apelido empece por CARR ata LORE

De 11:30 a 12:00

Os alumnos cuxo primer apelido empece por MART ata ROCA

De 12:00 a 12:30

Os alumnos cuxo primer apelido empece por SANCH ata VILA

DEBEN VIR OS TITORES LEGAIS A RECOLLER OS LIBROS DE TEXTO, EN CASO DE QUE NON POIDAN VIR PODERÁN AUTORIZAR DE FORMA ESCRITA AO SEU FILLO OU A UNHA TERCEIRA PERSOA.

 

3º ESO

LUNS 21 DE SETEMBRO

 De 9:30 a 10:00

 Os alumnos cuxo primer apelido empece por BECEC  ata GONZ

 De 10:00 a 10:30

 Os alumnos cuxo primer apelido empece por LOPE ata ROMA

 De 10:30 a 11:00

 Os alumnos cuxo primer apelido empece por SANCH ata VILL

 DEBEN VIR OS TITORES LEGAIS A RECOLLER OS LIBROS DE TEXTO, EN CASO DE QUE NON POIDAN VIR PODERÁN AUTORIZAR DE FORMA ESCRITA AO SEU FILLO OU A UNHA TERCEIRA PERSOA.

 

  1º ESO

MÉRCORES 16 DE SETEMBRO

De 9:30 a 10:00

Os alumnos cuxo primer apelido empece por BARC  ata CASA

De 10:00 a 10:30

Os alumnos cuxo primer apelido empece por CAST ata LOPE

De 10:30 a 11:00

Os alumnos cuxo primer apelido empece por LORE ata PARD

De 11:00 a 11:30

Os alumnos cuxo primer apelido empece por PINT ata SIMO

De 11:30 a 12:00

Os alumnos cuxo primer apelido empece por SOTO ata VIDA

DEBEN VIR OS TITORES LEGAIS A RECOLLER OS LIBROS DE TEXTO, EN CASO DE QUE NON POIDAN VIR PODERÁN AUTORIZAR DE FORMA ESCRITA AO SEU FILLO OU A UNHA TERCEIRA PERSOA.

2º ESO

XOVES 17 DE SETEMBRO

   De 9:30 a 10:00

Os alumnos cuxo primer apelido empece por ALVA  ata BLAN

De 10:00 a 10:30

Os alumnos cuxo primer apelido empece por BUST ata GAND

De 10:30 a 11:00

Os alumnos cuxo primer apelido empece por GARC ata MART

De 11:00 a 11:30

Os alumnos cuxo primer apelido empece por MONT ata POUS

De 11:30 a 12:00

Os alumnos cuxo primer apelido empece por RODR ata VARE

DEBEN VIR OS TITORES LEGAIS A RECOLLER OS LIBROS DE TEXTO, EN CASO DE QUE NON POIDAN VIR PODERÁN AUTORIZAR DE FORMA ESCRITA AO SEU FILLO OU A UNHA TERCEIRA PERSOA.

 

MODIFICACIÓN INICIO DE CURSO

Comunicamos que ata novo aviso oficial da Consellería quedan anuladas as datas de inicio previstas para todos os cursos.

Distribuir contido


by Dr. Radut