Skip to Content

PROCESO DE ADMISIÓN 2021/22

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DO 1 AO 22 DE MARZO DE 2021 (AMBOS INCLUÍDOS)

1.- A solicitude de admisión será única e poderase presentar:

           a) De forma electrónica a través da aplicación admisionalumnado

           b) Presencialmente no centro educativo de 9:00 a 13:00 preferentemente nas seguintes datas:

                        1/03 - 5/03 : 1º ESO

                        8/03 - 12/03: 1º BAC

                        15/03-22/03: todos os cursos

Por mor da situación sanitaria, recollerase a solicitude de admisión xunto coa documentación acreditativa dos méritos alegados para a aplicación do baremo.

2.- O impreso de solicitude de admisión pode obterse no centro, descargarse na Sede Electrónica da Xunta de Galicia ou premendo aquí.

3.- Pode consultar toda a información sobre o proceso de admisión na seguinte Circular do centro.

PROCESO DE ADMISIÓN 2021/22

NÚMERO DE VACANTES POR CURSO PARA O ANO ACADÉMICO 2O21/22

    CURSO    Nº DE VACANTES

  ESO 

 

  1º ESO 47
  2º ESO 0
  3º ESO 4

  4º ESO

 

19

 

BACHARELATO  1º BAC CIENCIAS 1
 1º BAC HUMANIDADES E CCSS 2
 2º BAC CIENCIAS 17
 2º BAC HUMANIDADES E CCSS 4

As vacantes poden variar durante o proceso de admisión do alumnado en función de novas incorporacións ou renuncias.

AVISO PARA O ALUMNADO QUE PRESENTOU SOLICITUDE DE RESERVA PARA O CURSO 2021/22

1º ESO

Todo o alumnado que presentou solicitude de reserva para o IES Canido foi admitido.

1º BACHARELATO

AVISO PARA O ALUMNADO QUE PRESENTOU SOLICITUDE DE RESERVA PARA 1º CURSO DE BACHARELATO EN CALQUERA DAS MODALIDADES

Debido a que hai máis solicitudes de reserva para 1º curso de Bacharelato que prazas vacantes, o alumnado interesado deberá presentar solicitude de admisión no IES Canido entre os días 01/03/2021 e o 22/03/2021, xunto con toda a documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo.

Toda a información relativa á solicitude de admisión atópase dispoñible na Circular de Admisión Curso 2021/22.

Un saúdo,

O equipo directivo

Escola de familias

Estimadas familias:

 

A asociación Asfedro e a asociación Ex-Alcohólicos de Ferrolterra, en convenio co Concello de Ferrol oferta a posibilidade de realizar unha Escola de familias con nenos/as en idade escolar.

 

Na escola abordaranse os seguintes temas:

 

  • A comunicación familiar e os estilos educativos
  • Normas e límites
  • Adolescencia, drogas e adiccións. Enfoques actuais.
  • Prevención de condutas adictivas: Adiccións con sustancia e adiccións comportamentais.
  • Riscos das novas tecnoloxías da información e da comunicación.

 

Levarase a cabo no Centro Municipal de Servizos Sociais na Rúa Sánchez Barcaiztegui do Concello de Ferrol os días 15 e 22 de febreiro e 1, 8, 15 e 22 de marzo de 2021 en horario de 17:00 a 18:30 horas.

 

Se estades interesadas en participar podedes inscribiros na asociación Asfedro a través do correo electrónico: prevencionasfedro@gmail.com antes do día 10 de febreiro de 2021 adxuntando: Nome e apelidos, número de fillos/as e idade dos mesmos/as, teléfono de contacto e dirección de correo electrónico. Ou entregar a ficha de inscrición en Xefatura de Estudos.

 

Para máis información podedes chamar a entidade Asfedro: 981372112 e preguntar pola técnica de prevención.

 

Moitas grazas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut