PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DO 1 AO 22 DE MARZO DE 2021 (AMBOS INCLUÍDOS)
1.- A solicitude de admisión será única e poderase presentar:
a) De forma electrónica a través da aplicación admisionalumnado
b) Presencialmente no centro educativo de 9:00 a 13:00 preferentemente nas seguintes datas:
1/03 - 5/03 : 1º ESO
8/03 - 12/03: 1º BAC
15/03-22/03: todos os cursos
Por mor da situación sanitaria, recollerase a solicitude de admisión xunto coa documentación acreditativa dos méritos alegados para a aplicación do baremo.
2.- O impreso de solicitude de admisión pode obterse no centro, descargarse na Sede Electrónica da Xunta de Galicia ou premendo aquí.
3.- Pode consultar toda a información sobre o proceso de admisión na seguinte Circular do centro.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Circular centro admisión curso 2021-2022 pdf.pdf | 59.49 KB |
ED550B-G_2021_2022.pdf | 685.78 KB |