Plan Mellora
VISITA DA DIRECTORA XERAL DE ORDENACIÓN E INNOVACIÓN EDUCATIVA
Enviado por Dirección o Ven, 18/11/2022 - 19:58Este xoves recibimos a visita da Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández Novoa que estivo acompañada polas compañeiras da Asesoría de Bibliotecas Escolares e polo noso inspector. Nesta visita o equipo de voluntarias da biblioteca foron presentando os diversos usos e espazos para a continuación facerlle unha entrevista para Radio EmBrión.
Un pracer poder presentarlles a nova renovada biblioteca e un orgullo de equipo de voluntariado que temos!
PLAN MELLORA. Actuacións curso 2008-2009
Enviado por Anónimo o Lun, 02/02/2009 - 10:35- NO ARQUIVO ADXUNTO (ao final do artigo), pódese consultar a MEMORIA DE ACTIVIDADES do Curso 2008-2009 -
O Plan Mellora de Bibliotecas escolares é un programa que desenvolve a Consellería de Educación a través da Dirección Xeral de Innovación Educativa coa fin de favorecer a calidade da ensinanza, dotalas de máis e mellores medios cara a fomentar a lectura e a que o alumnado acceda á información e a outros recursos para a aprendizaxe das distintas materias.
Neste segundo ano de participación no programa, a biblioteca do centro presenta a seguinte planificación de actividades, que presentamos de xeito xeral e tamén divididas cronoloxicamente por trimestres.
Actuacións ao longo do curso
-
Expurgo nas distintas seccións
-
Renovar o fondo de literatura xuvenil que estea deteriorado
-
Ampliación da sección de banda deseñada
-
Ampliación e difusión da sección multimedia
-
Dotación específica para os departamentos de Tecnoloxía, Música e Debuxo
Actuacións no 1º trimestre
Xestión técnica
-
Expurgo, renovación e reorganización do fondo
-
Renovación dos carteis de sinalización
-
Petición aos departamentos de suxestións de compras
Formación de usuarios
-
Visitas guiadas do alumnado do 1º nivel de ESO para a presentación de fondos e servizos
-
Promoción dos recursos que ofrece a web do centro
Educación documental
-
Sesións de busca de información e uso de recursos bibliográficos
-
Propostas de traballos destinados á utilización dos recursos da biblioteca
Promoción do libro e da lectura
-
Traballos con literatura de tradición oral
-
Creación dun club de lectura
Actuacións no 2º trimestre
Xestión técnica
-
Ampliación dos equipos informáticos
-
Configurar as computadoras para poder imprimir os traballos do alumnado na conserxería
-
Reorganizar os fondos que se expurgaron nuns andeis no despacho de alumnos
-
Reorganizar o fondo utilizando os novos andeis e expositores
-
Comprar, rexistrar e catalogar o material que solicitaron os departamentos
Dinamización
-
Promoción dos recursos que ofrece a web do centro
-
Creación dun punto de lectura na entrada
-
Visitas de escritores, ilustradores e conferenciantes
-
Exposicións temáticas
-
Promoción da videoteca
-
Actividades relacionadas coa obra de Vidal Bolaño
-
Colaboracións para o monográfico sobre teatro e Vidal Bolaño
Educación documental
-
Rotas literarias
-
Cine documental relacionado coa historia, as ciencias medioambientais, a relixión, ...
-
Propostas de traballos, en distintas materias, destinados á utilización dos recursos da biblioteca
Promoción do libro e da lectura
-
Propostas para o club de lectura
-
Dinamizar O Recuncho do lector con orientacións lectoras desde a web do centro
NO ARQUIVO ADXUNTO, pódese consultar a MEMORIA DE ACTIVIDADES do Curso 2008-2009
O PLAN MELLORA
Enviado por admin o Mar, 23/10/2007 - 21:40O Plan Mellora de Bibliotecas escolares é un programa que desenvolve a Consellería de Educación a través da Dirección Xeral de Innovación Educativa coa fin de favorecer a calidade da ensinanza, dotalas de máis e mellores medios cara a fomentar a lectura e a que o alumnado acceda á información e a outros recursos para a aprendizaxe das distintas materias.
No curso pasado o equipo encargado da biblioteca, coa aprobación do claustro e do consello escolar, presenta un proxecto para poder acollerse a este programa a partir do curso 2007-2008 e segundo a Orde do 5 de setembro de 2007 (DOG 12-09-07) o noso foi un dos 60 centros seleccionados.
Os principais obxectivos do proxecto que se presenta, seguindo as recomendacións da LOE, son fomentar o hábito lector entre o alumnado e garantir a adquisición das competencias e habilidades mínimas que lles permitan utilizar a información. Deste xeito a biblioteca escolar está concibida como un espazo educativo ao servizo dos procesos de ensino e aprendizaxe, un centro de recursos da información que pon á súa disposición os fondos documentais existentes no centro en soporte impreso, audiovisual, multimedia ou electrónico.
Consonte a estes obxectivos as principais actuacións a desenvolver no proxecto son:
1º.- Xestión técnica: catalogación e ordenación do fondo co programa de xestión bibliográfica Proxecto Meiga a disposición do usuario nesta web e no portal http://www.opacmeiga.rbgalicia.org .
2º.- Formación de usuarios: estratexias para que o alumnado saiba utilizar a información que hai na biblioteca.
3º.- Educación documental ou alfabetización informacional: adquisición de habilidades e procedementos para o acceso á información e o seu tratamento (busca e organización da información e uso de documentos).
4º.- Promoción do libro e da lectura: entendida nun senso amplo, a lectura para aprender, para buscar un dato, para elaborar u traballo, pero tamén a lectura como gozo do texto literario.
Como contabamos comezar o curso no novo edificio para o apartado de Xestión técnica, tiñamos programado no primeiro trimestre o traslado, revisión e expurgo do fondo; a análise do novo espazo para facer unha distribución que optimice os recursos e o deseño e reorganización do mesmo.
Estas actuacións, dado o retraso que leva o obra, non se poderán realizar ata o segundo trimestre. Así mesmo posponse as adquisición de novos materias propostas polos distintos departamentos.
Actuacións no 1º trimestre
1_Formación de usuarios
· Visitas guiadas a todos os grupos para a presentación de fondos e servizos.
· Elaboración dunha guía de recursos destinada tanto ao alumnado como ao profesorado con listaxes de materiais dos distintos departamentos.
· Promoción dos recursos que ofrece a web do centro.
2_Educación documental
· Sesións onde porán en práctica, en distintas materias, técnicas de busca e uso de recursos.
· Concursos destinados á utilización dos recursos da biblioteca.
3_Promoción do libro e da lectura
."Un libro fai biblioteca" actividade que proporá ao alumnado participar na ampliación do fondo
Actuacións no 2º trimestre
1_ Traslado ao novo centro
Na semana do 15 ao 21 de xaneiro produciuse o traslado ao novo edificio en Pedrouzos
1.1_ Xestión técnica e organización
• Traslado, revisión e expurgo dos fondos.
• Analizar e estudar o novo espazo para facer unha distribución do mesmo que posibilite optimizar recursos.
• Reorganizar os fondos nos andeis.
• Rotulación dos mesmos.
• Ampliar o número de postos de lectura en sala.
• Creación da sección audiovisuais e multimedia.
• Informe das necesidades de ampliación e renovación.
• Petición aos distintos departamentos de suxestións de compra, tanto de material documental como multimedia.
• Centrarse nos libros de literatura en lingua galega e castelá, atendendo aos criterios de idade e materias para a literatura, de acordo cos patróns seguidos na opac-web do proxecto Meiga.
1.2_ Dinamización
• Sinalización dos camiños da biblioteca
• Campaña de carteis e folletos para publicitar o proxecto
2_ Formación de usuarios
• Coñecer o sistema de clasificación da biblioteca así como os apartados para os diferentes temas e as divisións por idades.
• Descubrir a función dos catálogos
• Manexar os catálogos da biblioteca
• Interpretar rexistros e fichas catalográficas
3_ Educación documental
• Xogos de busca literaria
• Cine documental relacionado coa historia, as ciencias medioambientais, a relixión, …
4_ Promoción do libro e da lectura
• “O libro viaxeiro”, libros de viaxes e trabalos sobre o mesmo.
• Recuncho de lectura: orientacións lectoras desde a web do centro.