PLAN MELLORA. Actuacións curso 2008-2009

- NO ARQUIVO ADXUNTO (ao final do artigo), pódese consultar a MEMORIA DE ACTIVIDADES do Curso 2008-2009 -


 

O Plan Mellora de Bibliotecas escolares é un programa que desenvolve a Consellería de Educación a través da Dirección Xeral de Innovación Educativa coa fin de favorecer a calidade da ensinanza, dotalas de máis e mellores medios cara a fomentar a lectura e a que o alumnado acceda á información e a outros recursos para a aprendizaxe das distintas materias.

Neste segundo ano de participación no programa, a biblioteca do centro presenta a seguinte planificación de actividades, que presentamos de xeito xeral e tamén divididas cronoloxicamente por trimestres.

Actuacións ao longo do curso

  • Expurgo nas distintas seccións

  • Renovar o fondo de literatura xuvenil que estea deteriorado

  • Ampliación da sección de banda deseñada

  • Ampliación e difusión da sección multimedia

  • Dotación específica para os departamentos de Tecnoloxía, Música e Debuxo

 

Actuacións no 1º trimestre

Xestión técnica

  • Expurgo, renovación e reorganización do fondo

  • Renovación dos carteis de sinalización

  • Petición aos departamentos de suxestións de compras

Formación de usuarios

  • Visitas guiadas do alumnado do 1º nivel de ESO para a presentación de fondos e servizos

  • Promoción dos recursos que ofrece a web do centro

Educación documental

  • Sesións de busca de información e uso de recursos bibliográficos

  • Propostas de traballos destinados á utilización dos recursos da biblioteca

Promoción do libro e da lectura

  • Traballos con literatura de tradición oral

  • Creación dun club de lectura

 

Actuacións no 2º trimestre

Xestión técnica

  • Ampliación dos equipos informáticos

  • Configurar as computadoras para poder imprimir os traballos do alumnado na conserxería

  • Reorganizar os fondos que se expurgaron nuns andeis no despacho de alumnos

  • Reorganizar o fondo utilizando os novos andeis e expositores

  • Comprar, rexistrar e catalogar o material que solicitaron os departamentos

Dinamización

  • Promoción dos recursos que ofrece a web do centro

  • Creación dun punto de lectura na entrada

  • Visitas de escritores, ilustradores e conferenciantes

  • Exposicións temáticas

  • Promoción da videoteca

  • Actividades relacionadas coa obra de Vidal Bolaño

  • Colaboracións para o monográfico sobre teatro e Vidal Bolaño

Educación documental

  • Rotas literarias

  • Cine documental relacionado coa historia, as ciencias medioambientais, a relixión, ...

  • Propostas de traballos, en distintas materias, destinados á utilización dos recursos da biblioteca

Promoción do libro e da lectura

  • Propostas para o club de lectura

  • Dinamizar O Recuncho do lector con orientacións lectoras desde a web do centro


NO ARQUIVO ADXUNTO, pódese consultar a MEMORIA DE ACTIVIDADES do Curso 2008-2009

AdxuntoTamaño
MEMORIA BIBLIOTECA 2008-2009.pdf1.44 MB