Departamento de Debuxo

OBRADOIRO DE SERIGRAFÍA 3º ESO

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O martes 16 de febreiro de 2016 o alumnado de 3º ESO participou nun obradoiro de serigrafía impartido por Andrea Fernández de La Platanera.

A sesión teórico-práctica desenvolvida introduciu ao alumnado nesta técnica de impresión a trávés dunha demostración das diferentes fases do proceso.

Os/as alumnos/as realizaron cadansúa serigrafía que puideron complementar e personalizar cuns selos tallados en goma con técnicas xilográficas.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

ENGRENAXE

Con motivo do Día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego 2012, o alumnado de Debuxo Técnico II (2º de Bach) estivemos construíndo con Geogebra un engrenaxe cos perfís dos dentes baseados nunha evolvente.

Preme nas imaxes para ver as construcións en Geogebra

 

PONTE AUTOPORTANTE DE LEONARDO DA VINCI


Con motivo da celebración do Día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego, o alumnado de Debuxo Técnico I de 1º de bacharelato debuxamos unha ponte autoportante deseñada por Leonardo da Vinci con Geogebra.

Preme na imaxe para ver a construción en Geogebra.

 

No seguinte vídeo podes observar a construción da ponte autoportante de Leonardo:

 


Cicloide

Estes vídeos foron realizados polo alumnado de Debuxo Técnico II (2º Bach.), como parte dun pequeno proxecto relativo ás propiedades da cicloide.


Podemos comprobar nesta primeira gravación ralentizada que o obxecto que se despraza pola traxectoria curva (cicloide) emprega moito menos tempo en chegar ao final da mesma que o obxecto que se despraza pola traxectoria recta, mesmo sendo esta última considerablemente máis curta.
Sabemos que a traxectoria definida pola cicloide é braquistócrona, e dicir é a traxectoria pola que un corpo que cae dun punto A a un punto B situado nunha cota inferior e non na mesma vertical, tardará o menor tempo posible.

Podemos comprobar nesta segunda gravación ralentizada que a cicloide é unha curva isócrona, é dicir, que o tempo que tarda un corpo en chegar ao seu punto medio (punto máis baixo) non depende da altura dende a que este se deixe caer.

DEBUXO TÉCNICO. NOVAS AULAS VIRTUAIS.

Ás novas aulas virtuais para Debuxo  Técnico I e II están aloxadas en:

 

 

 

 

CaRMetal

CÁLCULO DA ALTURA DUN TETRAEDRO

Para representar en diédrico un tetraedro apoiado nunha cara dada a arista, é necesario calcular a súa altura mediante o abatemento dun triángulo rectángulo que teña como un dos catetos a altura buscada.

O vídeo adxunto explica un dos posibles abatementos.

TRIEDRO TRIRRECTÁNGULO

Podedes observar as posicións relativas dos diferentes planos que compoñen o triedro: horizontal, primeiro vertical e segundo vertical.

AXONOMÉTRICO ISOMÉTRICO. EXERCICIOS DE REPASO. (D.T. 1º BACH.)

Adxunto cinco exercicios. Algúns deles son de nivel medio-alto, así que paciencia.

Distribuir contido