Cicloide
Estes vídeos foron realizados polo alumnado de Debuxo Técnico II (2º Bach.), como parte dun pequeno proxecto relativo ás propiedades da cicloide.
Podemos comprobar nesta primeira gravación ralentizada que o obxecto que se despraza pola traxectoria curva (cicloide) emprega moito menos tempo en chegar ao final da mesma que o obxecto que se despraza pola traxectoria recta, mesmo sendo esta última considerablemente máis curta.
Sabemos que a traxectoria definida pola cicloide é braquistócrona, e dicir é a traxectoria pola que un corpo que cae dun punto A a un punto B situado nunha cota inferior e non na mesma vertical, tardará o menor tempo posible.
Podemos comprobar nesta segunda gravación ralentizada que a cicloide é unha curva isócrona, é dicir, que o tempo que tarda un corpo en chegar ao seu punto medio (punto máis baixo) non depende da altura dende a que este se deixe caer.