VISITA AO ICG
A visita poderiamos dividila en tres bloques fundamentais:
I- Presentación do IGC
O director do instituto Francisco Guitián recibiunos e convidounos ao salón de actos onde realizou unha presentación da historia do instituto dende os seus orixes, no 1990 ata a actualidade, expoñendo a principal actividade en I+D+I, os materiais de traballo, as industrias coas que colabora e para as que realiza servizos tecnolóxicos como Alúmina- aluminio, aquagest, ferroatlántica ou Sargadelos, as empresas xeradas a partir do IGC spin-offs, etc.
A modo de exemplo descubrimos que o IGC leva rexistradas ata 30 patentes como a creación do proceso de obtención de vidriados e cristais negros a partir de residuos de pizarra.
Tamén coñecimos que se crearon a partir do instituto 4 spin-offs:
-
Glassvivo que produce la de roca a partir dos residuos da lousa e ademais contribúe a diminuír o volume e eliminar os vertedoiros minerais en Galicia.
-
Neoker que que se adica a fabricar fibras monocristalinas de alfa-alúmina denominadas whiskers, que visualmente lembran ao algodón. É un material único a nivel mundial que soporta 1800 graos de temperatura de uso e resiste un peso de 60 toneladas por centímetro cadrado sen romper. Ademais pode mesturarse para formar materiais compostos de altas prestacións.
-
Keramat é a única peme española no sector do deseño e a fabricación de biocerámicas para implantes médicos e veterinarios
-
Inderbar, que produce ladrillos acumuladores de calor
Puidemos coñecer as principais liñas investigadores que se desenvolven na actualidade no IGC.
II- Visita guiada á exposición dos principais materiais
A continuación puidemos observar o aspecto dalgúns dos materiais de traballo, dende biomateriais como tapóns de cráneo ou prótese de cadeira, ata un diamante artificial, pasando por unha amplia variedade de ladrillos, placas feitas con restos orgánicos de pipas ou palla empregadas como illantes de calor, fios superresistentes feitos a partir de residuos de pizarra.
III- Instalacións, técnicas e equipamento.
Unha das partes máis interesantes da visita foi poder ver in situ a actividade que se desenvolve nas instalacións desde comprobar ensaios de resistencia de materiais, ladrillos, ata como se analiza un material con microscopía e espectrometría. Tamén visitamos a planta piloto con equipamento moi innovador e unha amplia gama de fornos, comprobando cunha cámara térmica a modificación da temperatura de diversos materias.
Agradecemos a Francisco Guitián e ao seu equipo a posibilidade de darnos a coñecer de primeira man o traballo de investigación con materiais realizado en Galicia desde o Instituto Galego de Cerámica.