INFORMACIÓN ABAU |
DESCARGA AQUÍ a táboa que recolle a ponderación das materias para o acceso aos distintos graos universitarios. ESTE é o horario das probas establecido para a convocatoria ordinaria. |
|||
DESCARGA AQUÍ o calendario que recolle desde a entrega de boletíns para 2º de Bac á prematrícula no centro para os exames da ABAU, así como as datas máis importantes de todo o proceso, tanto para a convocatoria ordinaria como extraordinaria. |
|||
Deixamos á túa disposición o impreso de matrícula e o xustificante de pago das taxas da proba para que te familiarices co seu contido e vexas os datos que debes cumprimentar e as opcións que podes escoller. Cumprimentarase no salón de actos o día sinalado para a prematrícula da proba ordinaria (16-05-24) e para a proba extraordinaria. - XUSTIFICANTE PAGAMENTO TAXAS ABAU 24 (lembra que o pago pode facerse a través da aplicación informática NERTA - ver información dispoñible no apartado correspondente desta mesma sección da páxina do centro).
|
|||
DESCARGA AQUÍ as instrucións dirixidas ao alumnado que se examina na ABAU para que coñeza o funcionamento da aplicación informática a través da que se xestiona parte do proceso das probas e se comunica co alumnado para o coñecemento das cualificacións, proceso de reclamación, de reserva de prazas universitarias, ... |
|||
Todo o alumnado que se matricule na ABAU poderá facer o aboamento das taxas de forma telemática (mediante tarxeta bancaria)... ou de forma presencial en Abanca. Se optas pola vía telemática, DESCARGA AQUÍ as instrucións para a súa realización. |
|||
PREME AQUÍ para coñecer as instrucións básicas que establece a CIUG respecto á presentación o día das probas, erros na matrícula, distintos aspectos da realización dos exames, material permitido e non permitido nas probas, cualificacións e os procedementos de reclamacións ás mesmas. |
|||
PREME AQUÍ para obter información sobre os tres novos títulos de grao incorporados ao Sistema Universitario Galego, así como da creación dos tres primeiros graos abertos en Galicia. |
|||
Aquí tes o víde creado pola CIUG para explicar ao alumnado cuestións básicas sobre a realización das probas de avaliación do bacharelato para o acceso á universidade (ABAU). |
|||
A Comisión Interuniversitaria de Galicia vén de publicar na súa páxina web https://ciug.gal unha escolma das preguntas máis frecuentes formuladas desde os centro educativos nos últimos anos. Trátase deste xeito de dar resposta a múltiples preguntas tanto sobre as propias probas como sobre o proceso de acceso á universidade para as tres universidades galegas. Esta escolma está dividida en dous apartados: PREMENDO AQUÍ verás as preguntas relacionadas coa ABAU e AQUÍ as que fan referencia ao acceso a graos. |
|||