ACTOS CELEBRACIÓN NADAL 2019.

20/12/2019
Europe/Madrid

BADALADAS DE FIN DE ANO: ás 12, os tradicionais 12 Lacasitos. Repartiranse durante o lecer (prégase non retrasarse). Ao remate, o alumnado incorpórase á aula correspondente.

CHOCOLATADA E PEQUENO "CONCERTO DE ANINOVO" (ao estilo vienés): ás 12:40, chocolate (gratuíto) e doces, que este ano venderán o alumnado de Francés que acode á excursión. A continuación, un pequeno concerto de celebración do novo ano no noso centro.

CHARLA DA USC: "WORDS THAT TELL US STORIES"

14/02/2020 12:00
14/02/2020 13:40
Europe/Madrid

Participan nesta actividade o alumnado de 4º e Bac.

3º DA ESO ACUDE Á EXPOSICIÓN "CONVERXENCIAS ARTE E CIENCIA" (MUSEO PROVINCIAL)

11/12/2019 10:00
11/12/2019 13:30
Europe/Madrid

ALUMNADO DE 1º DA ESO PARTICIPA NUNHA CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS

01/12/2019 11:00
Europe/Madrid

Alumnado deste curso particapará nesta proba, dentro do programa deportivo en idade escolar "Xogade", que se desenvolverá na localidade de Portomarín, durante a mañá do domingo 1 de Decembro.

3º DA ESO PARTICIPA NO PROGRAMA "QUÉROTE +"

28/11/2019 12:00
28/11/2019 14:00
Europe/Madrid

CELEBRACIÓN DÍA CONTRA VIOLENCIA DE XÉNERO

25/11/2019
Europe/Madrid

Pola mañá, un grupo de alumnas de 2º, 4º e 1º de BAC acudirán á casa da cultura para representar, diante dos veciños e veciñas e alumnado de Primaria, a obra "Bruxas ou Meigas", acto no que ademais lerán o manifesto sobre esta xornada. Este alumnado desprazarase ás 10:50 á Casa da Cultura e son: Zaira e Elba (2º ESO), Ainhoa e Alba (4º ESO) e Tamara, Marcela, José Antonio e Uxía (1º BAC).

No instituto, ás 15:40, lerase o manifesto e alumnado e professorado do centro levarán a cabo unha pequena intervención para interpretar unha canción de denuncia sobre a violencia de xénero, "Saír correndo". A continuación, o alumnado acudirá a clase con normalidade.

4º ESO E 1º DE BAC ACUDEN A VER A PELÍCULA "O QUE ARDE"

21/11/2019 10:50
21/11/2019 14:15
Europe/Madrid

Os dous grupos acuden aos cines Codex para ver o filme de Oliver Laxe, con quen probablemente terán un encontro no noso centro na próxima primavera.

TEATRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO PARA 3º E 4º DA ESO

18/11/2019 15:40
18/11/2019 17:30
Europe/Madrid

Acuden á representación da obra de teatro "Golpes", con motivo da celebración do Día contra a Violencia de Xénero, que organiza o Concello de Becerreá e se representa na Casa da Cultura. Tras a representación haberá un debate entre os asistentes.

MAGOSTO

13/11/2019 15:30
Europe/Madrid

Durante a tarde do mércores 13.

TETARO EN INGLÉS PARA ESO E BAC

13/11/2019 10:00
Europe/Madrid

Ás 10:00 para BAC, ás 12:00 para 1º, 2º e 3º da ESO.

Distribuir contido