O 28 de novembro tivo lugar no CPI de Cervantes o II Torneo Comarcal Intercentros de Bádminton. En representación do IES de Becerreá desprazouse un combinado de xogadores/as de 2º e 3º da ESO, que deron mellor de si nun ambiente de convivencia e deportividade. Ademais, participaron o resto de de centros da comarca: Pedrafita, Cervantes, Navia e tamén o colexio do Courel. A competición desenvolveuse en dúas fases: individual e dobres, nos que as parellas debían estar conformadas por xogadores/as de distintos centros. A primeira hora da mañá tivo lugar o torneo individual, disputado en catro categorías, dúas femininas e dúas masculinas, con niveis medio e alto en dada unha delas. Os partidos, xogados a un só set, transcorreron con rapidez e unha grande igualdade, que aportou emoción ao evento. A xogadora becerrense mellor clasificada foi Candela, de 2º, que disputou a final feminina de nivel alto, acadando unha gran segunda posición. Este foi o primeiro dos tres encontros deportivos intercentros da tempada. A vindeira cita será no noso centro e o alumnado de 3º da ESO serán os anfitrións para o decano destes torneos deportivos: o ping-pong. Viva o deporte e a convivencia! Vémonos pronto. PREME AQUÍ para ver as fotos do evento. |
|||