OS EQUIPOS DO IES DE BECERREÁ, VENCEDORES DO PARLAMENTO XOVE 2016, VISITAN A DEPUTACIÓN.

En recoñecemento ao éxito acadado polos tres equipos do centro na presente edición do Parlamento Xove 2016, o Presidente da Deputación, Darío Campos, recibiu ao alumando participante e aos profesores coordinadores para amosarlles o recoñecemento por tal logro. Os nosos alumnos/as recordáronlle ao Presidente a proposta feita o ano pasado (cando tamén foron recibidos pola vitoria na categoría de Bacharelato), na que se solicitaba a esta institución a creación dun concurso provincial de debate, a semellanza do que ocorre noutras provincias, como inmellorable ferramenta para espallar a oratoria e o debate con finalidades educativas e formativas polos centros da provincia.  Deste xeito, facilitaríase a participación doutros centros e niveis educativos nunha actividade deste tipo, xa que o Parlamento Xove é un concurso que se desenvolve en dúas fases competitivas na Coruña e Santiago e que cubre o ámbito autonómico. Cónstanos que a proposta foi recollida e esperemos que pronto poidamos ver o comezo da súa planificación, momento en que os responsables da preparación dos nosos equipos poderían ofrecer a súa longa e frutífera experiencia para o desenvolvemento do proxecto.

PREME AQUÍ para ver as fotos e sobre a imaxe se queres ver o vídeo.