100% DE APROBADOS NA SELECTIVIDADE

A totalidade dos alumnos/as de 2º de BAC da promoción 2008-09 que se presentaron á proba de Selectividade, realizada do 17 ao 19 de xuño, obtiveron resultados positivos

Queremos transmitir desde aquí os parabéns da nosa Comunidade Educativa para Sara Arias, Sandra Castro, Cristian Doval, Paloma Fernández, Sara González, Raquel Pombo, Andrea Rodríguez, Pablo Seijas e Tania Trobo, así como para as súas familias. Desexámoslles o mellor comezo posible na nova etapa de estudos que iniciarán en breve e esperamos que garden un bo recordo da súa estancia no centro. Unha aperta.