Como é costume, celebramos un novo encontro comarcal escolar de pimpón o mércores 21 de febreiro, no que participou o alumnado de Secundaria dos CPI de San Román, Navia, Pedrafita e o Courel, ademais do alumnado de 3º da ESO do noso centro, que ademais actuaron como árbitr@s e coordinadores/as dos encontros en cada mesa. Primeiramente, os xogadores/as dividíronse en tres niveis distintos (segundo coñecemento do xogo) para participar en categoría masculina e feminina. Seguidamente, o imprescindible torneo de dobres, no que participan parellas compostas por alumnado de centros distintos, ademais dalgunha parella composta polo profesorado acompañante. Ao remate da xornada, como é tradición, entrega do trofeos conmemorativos para cada centro participante, en recoñecemento da actitude deste alumnado e da convivencia manifestada ao longo da xornada.Volveremos a xuntarnos o próximo curso, sen falta! AQUÍ podes ver algunhas das imaxes máis salientables da xornada. |
|||