Por segundo ano consecutivo desenvolveuse unha xornada de convivencia interxeracional entre o alumnado de 3º da ESO e os e as maiores do Concello de Becerreá que acoden regularmente ao Centro Social da vila. Como no pasdo curso, a experiencia estivo coordinada desde a titoría do grupo e o departamento de Orientación. Xogos de mesa, xogos de adiviñanzas e un chocolate quente con roscón para facer máis doce a tarde foron as actividades centrais desta segunda experiencia entre alumnado do centro e persoas maiores da nosa contorna máis próxima. ESTAS son as imaxes máis destacables da xuntanza. |
|||