ALUMNADO DE LATÍN E GREGO PARTICIPAN NO "CONCURSO DE CULTURA CLÁSICA ODISEA"

Tres grupos de Latín e Grego do IES de Becerreá ("Aliadas de Minerva" de 2°BAC, "Amazonas" de 1°BAC e 'Goliatus' de 1° BAC e 4° ESO) debutaron do 15 ó 19 de xaneiro no Concurso Odisea 2024 que organiza cada ano a Sociedade Española de Estudos Clásicos. Cada día da semana os grupos enfrontáronse a unhas preguntas sobre o mundo clásico que supuxeron todo un reto para eles. Foi necesaria a total cooperación entre os membros dos equipos e a implicación de todos eles para poder resolvelas e chegar airosos ó 'preguntón' final.  Aínda que non conseguiron chegar ó podium esta vez, alcanzaron o top 30 de entre 315 centros de toda Galicia. Os participantes afirman que foi unha experiencia única na que aprenderon moito e moi motivadora, xa que cada día era un desafío. Todos están desexando participar de novo o ano que vén e mellorar marcas! Se queres, podes ver aquí as IMAXES dos grupos participantes.