blogue deadmin
Vladimir Stuzhinskiy, o mércores tres de abril
Enviado por admin o Lun, 01/04/2019 - 19:34Vladimir Stuzhinskiy, gañador do concurso de Break Dance do Marisquiño 2018 estará este mércores con nós!
A 3ª hora terá unha Masterclass con 12 alumnas e alumnos e no recreo realizarán unha exhi
Obradoiro de "Sensibilización e prevención da violencia de xénero"
Enviado por admin o Lun, 01/04/2019 - 19:29Onte, 28 de marzo, tras catro sesións de duración, finalizou o obradoiro de "Sensibilización e prevención da violencia de xénero", onde o alumnado de 4º da ESO, a través de dinámicas co material LEGO® Education, reflexionou e debatiu aspectos como os tipos e mitos sobre a violencia de xénero ou os modelos de home e muller, entre outros.
Concurso de deseño de camisetas 8M
Enviado por admin o Lun, 01/04/2019 - 19:27Este mércores 27 de marzo tivo lugar no recreo o acto de entrega dos premios do concurso de deseño de camisetas que se organizou con motivo do 8M, Día da Muller Traballadora. O 1º premio obtivérono conxuntamente Alexia Barroso e Sofía Táboas, de 1ºBach-C. Tamén recibiron premio os deseños de Carmen González (1ºESO-B); Xela Alonso (3ºESO-A); Carmen Piñeiro, Luisa Pintos e Claudia Comesaña (4ºESO-B) e Paula Franco (2ºBach-C).
Obradoiros Imatxina
Enviado por admin o Lun, 01/04/2019 - 19:26O alumnado de 1º ESO participou o pasado 22 de marzo nos obradoiros Imatxina que organiza a Fundación Escola Rosalía no auditorio Mar de Vigo. Esta saída didáctica, organizada polo departamento de Matemáticas, permitiulles aprender e, ao mesmo tempo, divertirse participando en diferentes actividades de matemáticas manipulativas: tangram, cubo soma, pentominós, hexamantes, ilusións ópticas, cálculo de probabilidades, etc.
XXVI Edición do Canguro Matemático Europeo
Enviado por admin o Lun, 01/04/2019 - 19:23O pasado xoves, 21 de marzo, alumnos e alumnas do IES Auga da Laxe e do IES Terra de Turonio participaron na XXVI edición do Canguro Matemático Europeo.
Durante 75 minutos, estiveron realizando un test
Charla de Bibiana Rodiño de Beta Implants
Enviado por admin o Lun, 01/04/2019 - 19:22Hoxe, venres 22, visitounos »
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- …
- seguinte ›
- última »