blogue deadmin
Formación sobre atención a urxencias sanitarias para familias
Enviado por admin o Ven, 12/04/2019 - 11:52Campionato de cálculo mental
Enviado por admin o Ven, 12/04/2019 - 11:49O departamento de Matemáticas, dentro das actividades de dinamización "Divírtete coas matemáticas", convoca un campionato de cáculo mental que comezará o próximo 24 de abril no patio central do institutuo durante o recreo. Para todo o alumnado que queira participar, o prazo de inscrición está aberto ata o próximo 12 de abril. Achegámosvos as bases, que podedes consultar tamén na web do instituto.
Fútbol gaélico
Enviado por admin o Mér, 10/04/2019 - 20:48Hoxe o alumnado de 4º de ESO tivo unha práctica de fútbol gaélico con xogadoras e xogadores do Turonia de Gondomar. Puideron coñecer as regras básicas do deporte e fixeron exercicios para achegarse a este deporte que mestura fútbol, rugbi e voleibol. Unha experiencia moi interesante. Ao remate, celebrouse un concurso de “tiro entre paos” no que resultaron gañadores Lucía Domínguez e Hugo Barros, que recibiron como agasallo unha camiseta do club.
Charla da Universidade da Coruña
Enviado por admin o Mar, 09/04/2019 - 20:11Este martes 9 de abril o noso alumnado de 2º de Bacharelato asistiu no salón de actos do instituto a unha charla sobre a preinscrición na Universidade e a oferta de titulacións da Universidade de A Coruña.
Calendario de exames, horario de avaliacións e calendario fin de curso de 2º de bacharelato
Enviado por admin o Lun, 08/04/2019 - 21:01Calendario de exames, horario de avaliacións e
Pablo Reñones gañador do "Rosalía sempre viva"
Enviado por admin o Lun, 08/04/2019 - 20:46Pablo Reñones gaña o concurso de recitado poético "Rosalía sempre viva" promovido pola Casa-Museo Manuel María e celebrado o sábado 6 de abril en Outeiro de Rei, Lugo. Participaron mozas e mozos de toda Galicia, e do noso centro acudiron os alumnos Diego Sotos Outón e Pablo Reñones Lema, ambos para recitar poemas de Rosalía de Castro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- …
- seguinte ›
- última »