blogue deadmin

Premio de innovación educativa

Felicitacións para a profesora Noemí Fernández Sampayo porque o xurado do VII Premio de Innovación Educativa convocado por Escola Viva outorgoulle o primeiro premio polo seu traballo 'Wiki de Matemáticas'. 
»

Charla sobre as ABAU

O mércores 22 de maio, contra as 10:30, Cristina Álvarez, orientadora de bacharelato, ofrecerá unha charla ao alumnado de 2º de bacharelato sobre a mellor maneira de afrontar a preparación e realización das ABAU. 
»

Intercambio co Otto-Hahn-Gymnasium de Nagold (Alemaña)

Coa marcha dos estudantes e profesorado do Otto-Hahn-Gymnasium de Nagold (Alemaña) remata a primeira parte deste intercambio que se mantén desde 2013. Os nosos estudantes de 1º de bacharelato visitarán Nagold a última semana de xuño.

Día das Letras 2019

Co gallo do Día das Letras Galegas invitamos ao instituto ao poeta e contador Lois Pérez, premio mellor poema en galego no Certame aRitmar 2018 e autor de Long Play, publicado por Xerais en 2017. Agasallounos cos seus poemas, cancións e historias. Foi un pracer!

Actividades de formación en linguas estranxeiras

Orde do 4 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.(DOG do 20/02/2019), unha vez rematado o prazo establecido no artigo 17.2 desta Orde de convocatoria.

Charla da Universidade de Vigo para 2ºBach

O alumnado de 2ºBach asistiu este luns 6 de maio no salón de actos do instituto a unha charla con Ricardo Corderí, xefe de servizo da »

Distribuir contido