blogue deadmin
Concurso de deseño de camisetas 8M
Enviado por admin o Lun, 01/04/2019 - 19:27Este mércores 27 de marzo tivo lugar no recreo o acto de entrega dos premios do concurso de deseño de camisetas que se organizou con motivo do 8M, Día da Muller Traballadora. O 1º premio obtivérono conxuntamente Alexia Barroso e Sofía Táboas, de 1ºBach-C. Tamén recibiron premio os deseños de Carmen González (1ºESO-B); Xela Alonso (3ºESO-A); Carmen Piñeiro, Luisa Pintos e Claudia Comesaña (4ºESO-B) e Paula Franco (2ºBach-C).
Obradoiros Imatxina
Enviado por admin o Lun, 01/04/2019 - 19:26O alumnado de 1º ESO participou o pasado 22 de marzo nos obradoiros Imatxina que organiza a Fundación Escola Rosalía no auditorio Mar de Vigo. Esta saída didáctica, organizada polo departamento de Matemáticas, permitiulles aprender e, ao mesmo tempo, divertirse participando en diferentes actividades de matemáticas manipulativas: tangram, cubo soma, pentominós, hexamantes, ilusións ópticas, cálculo de probabilidades, etc.
XXVI Edición do Canguro Matemático Europeo
Enviado por admin o Lun, 01/04/2019 - 19:23O pasado xoves, 21 de marzo, alumnos e alumnas do IES Auga da Laxe e do IES Terra de Turonio participaron na XXVI edición do Canguro Matemático Europeo.
Durante 75 minutos, estiveron realizando un test
Charla de Bibiana Rodiño de Beta Implants
Enviado por admin o Lun, 01/04/2019 - 19:22Hoxe, venres 22, visitounos »
PIALE 2017/2018
Enviado por admin o Xov, 28/03/2019 - 13:19Na seguinte ligazón podedes acceder á web creada no ano 2017 da visita que fixo un dos nosos profes, na que explica a súa experiencia no insituto Jhon Mccrae de Ottawa.
Intercambio co Collège Saint Jean Eudes de Vire (Normandía)
Enviado por admin o Xov, 21/03/2019 - 19:38Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO que estes días están participando no intercambio co Collège Saint Jean Eudes de Vire (Francia) están a desfrutar de múltiples actividades, como a convivencia coas familias, a asistencia a clase e algunhas excursións e visitas, como a que lles permitiu coñecer o pasado luns o cemiterio americano de Colleville-sur-Mer xunto co museo de Arromanches e esta mañá puideron descubrir o Mont Saint Michel onde visitaron a abadía. 
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- …
- seguinte ›
- última »