Charla de Bibiana Rodiño de Beta Implants

Hoxe, venres 22, visitounos Bibiana Rodiño, enxeñeira e directora de BETA Implants. A empresa dedícase ao deseño e fabricación de próteses e implantes para animais. Bibiana Rodiño falounos da súa traxectoria académica e profesional e, sobre todo, da abraiante actividade á que se dedica BETA Implants. Por deixar só algúns datos, a empresa serve en menos de vinte e catro horas as próteses solicitadas polas clínicas veterinarias e cunha porcentaxe de fracaso case nula.
BETA Implants recibiu hai poucas semanas o Premio VíaGalicia outorgado pola Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galicia
Moitas grazas pola charla que agardamos se repita!