blogue deadmin

Segunda sesión do Club da Igualdade

O pasado luns 18 de novembro celebrouse a segunda sesión do Club da Igualdade, dedicada nesta ocasión a achegarnos á realidade e vivencias das persoas trans. Na primeira parte vimos o documental "Tránsito", realizado por alumnado de Ed. Plástica de 1ºBach do IES As Barxas de Moaña, baixo a coordinación da profesora Luz Beloso.

Equipo de Diversidade Afectivo-Sexual

O pasado xoves 14 de novembro celebramos a reunión inicial de constitución do Equipo de Diversidade Afectivo-Sexual, que nace coa vontade de ser un espazo de reflexión e tamén un grupo de activismo para visibilizar a diversidade afectivo-sexual no instituto e na sociedade e contribuír a combater os prexuízos desde a información e a educación. Nas próximas reunións iranse deseñando as liñas de actuación.

 

Trixésimo aniversario

A semana próxima o noso instituto comeza unha nova década.

Club da Igualdade

Este próximo luns 18 de novembro teremos a segunda sesión do Club da Igualdade, dedicada nesta ocasión a coñecer e reflexionar sobre a realidade e vivencias das persoas trans. Será de 15:30h a 16:50h na biblioteca do instituto.

Intercambio co Viby Gymnasium. Visita a Compostela.

Hoxe o alumnado do »

Palabras e baile para reivindicar a igualdade

Este luns 4 de novembro, como actividade final da celebración do Samaín e enlazando co proxecto sobre diversidade e igualdade que estamos a desenvolver este curso, catro alumnas presentaron no patio central do instituto unha intervención artística coordinada pola profesora »

Distribuir contido