Equipo de Diversidade Afectivo-Sexual

O pasado xoves 14 de novembro celebramos a reunión inicial de constitución do Equipo de Diversidade Afectivo-Sexual, que nace coa vontade de ser un espazo de reflexión e tamén un grupo de activismo para visibilizar a diversidade afectivo-sexual no instituto e na sociedade e contribuír a combater os prexuízos desde a información e a educación. Nas próximas reunións iranse deseñando as liñas de actuación.