blogue deadmin
Concurso de tiros triplos
Enviado por admin o Xov, 19/12/2019 - 22:50Dentro das actividades de street basket que organiza o departamento de Educación Física, este mércores 18 celebrouse no patio central do instituto un concurso de tiros triplos, no que resultou gañador Bruno Vázquez Sanz, de 3ºESO-A. O xoves 19 celebrarase a final do torneo de street basket que se estivo disputando nos recreos ao longo destas dúas últimas semanas e no que participaron oito equipos.
Visita á Universidade de Vigo
Enviado por admin o Xov, 19/12/2019 - 22:49O mércores 18 o alumnado de 1ºBach-A e 1ºBach-B achegouse ata o campus da Universidade de Vigo para visitar as facultades de Ciencias do Mar, Química e Bioloxía, onde asistiron a charlas informativas sobre os graos que se imparten nelas: contidos, materias, saídas laborais... Ademais, nas facultades de Química e de Bioloxía visitaron os laboratorios e puideron asistir a algunha práctica.
Ximnasia acrobática
Enviado por admin o Xov, 19/12/2019 - 22:46Despois da sesión teórica de onte veu a práctica de iniciación á ximnasia acrobática con Cristina Castro Rocha do »
Sesión do Club da Igualdade
Enviado por admin o Xov, 19/12/2019 - 22:44Este luns 16 de decembro tivemos unha nova sesión do Club da Igualdade, na que vimos e comentamos fragmentos da película "Con amor, Simon", unha proposta realizada por un grupo de alumnas.
Charla da Asociación Española Contra o Cancro
Enviado por admin o Xov, 19/12/2019 - 22:43Organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía, charla de voluntarios (médico e psicólogas) da »
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- …
- seguinte ›
- última »