blogue deadmin

Charla informativa dos estudos universitarios da USC

Arestora, no salón de actos, para o alumnado de 2º de bacharelato, sesión informativa dos estudos universitarios da

Charlas do departamento de Economía

O departamento de Economía organizou no mes de xaneiro dúas novas charlas. O día 22 contamos coa presenza de Isabel Iglesias Arce, asesora financeira europea, quen lle explicou ao alumnado o funcionamento do mercado da bolsa e como investir de xeito seguro e sen riscos. O día 30 Xabier Roibas, xerente de Áncora Dixital, empresa dedicada ao márketing dixital, explicou a actividade que desenvolve a súa empresa e como conseguir posicionamento na internet.

Imos de voda

O 14 de febreiro non fagades plans que a partir das 20:00 temos voda no instituto e estades todos e todas convidados e convidadas!

Nova sesión do Club da Igualdade

Este pasado luns 20 celebramos no instituto a sesión de xaneiro do Club da Igualdade, dedicada nesta ocasión a falar de neurodiversidade e da realidade das persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA), como resultado dunha proposta do noso alumno de 1ºBach Mateo González.

Enquisa sobre consumo de substancias tóxicas e outras condutas aditivas

O noso centro está a participar nun proxecto sobre o consumo de substancias tóxicas e outras condutas aditivas en adolescentes de 14 a 18 anos no que colaboran todos os centros de Secundaria do Val Miñor e que está coordinado pola Dra. Olga Villar do centro de saúde de Gondomar.
Neste proxecto o alumnado de 3º e 4º de ESo e 1º e 2º de Bacharelato realizará unha enquisa telemática e anónima do 20 ao 31 de xaneiro.

Doazón e transplante de órganos

Organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía hoxe, martes 14 de xaneiro, o alumnado de Anatomía aplicada de 1º de bacharelato participou nunha charla sobre doazón e transplantes de órganos ofrecida por Marta Álvarez da Coordinación Autonómica de Trasplantes e Lola cun transplante de fígado desde hai dezasete anos.

Distribuir contido