Segunda sesión do Club da Igualdade

O pasado luns 18 de novembro celebrouse a segunda sesión do Club da Igualdade, dedicada nesta ocasión a achegarnos á realidade e vivencias das persoas trans. Na primeira parte vimos o documental "Tránsito", realizado por alumnado de Ed. Plástica de 1ºBach do IES As Barxas de Moaña, baixo a coordinación da profesora Luz Beloso. Na segunda parte da sesión puidemos conversar sobre o tema coa presenza de dous exalumnos e un alumno trans do noso instituto, que compartiron con todas as persoas asistentes as súas vivencias e reflexións, nun encontro que resultou moi enriquecedor. Grazas a Eva, Erik e Ander pola súa presenza e polas súas palabras.