Seguimos cos obradoiros.
O día 21 de decembro, os alumnos de segundo curso dos ciclos superiores de Administración e Finanzas e Asistencia á Dirección tiveron a oportunidade de asistir aos obradoiros sobre competencias emprendedoras, impartidos de novo por Elena Martínez Alonso, da Fundación Ronsel.
Todas estas actividades foron organizadas e coordinadas dende a Aula de emprendemento do IES As Fontiñas, "Aprendendo a emprender".