MARTE E O MES DE MARZO

Estamos no mes de marzo. Sabedes de ónde procede este nombre e a quen está adicado?. Ao deus Marte. Tamén ven de él o día da semana martes e o planeta que ten o mesmo nome.

Pero, quen era ese deus?

Marte, fillo de Zeus e da sua esposa Juno, foi o deus romano da guerra e se identificou co deus grego Ares. Era un dos 12 deuses do Olimpo pero ao contrario que a intelixente Atenea (Minerva para os romanos), que tamén dirixía os asuntos da guerra, se trataba dun deus rudo, violento e agresivo, sen ningún aspecto positivo para a humanidade. Se representaba como a un guerreiro con armadura, casco, lanza e escudo; unhas veces nu e algunhas outras con barba, pero sempre na actitude dun home forte, alto e terrorífico.

 

                                                

Marte non casou, pero sí tivo moitas relacións extramatrimoniais. A sua relación máis famosa é a que mantivo con Venus, a deusa do amor y da beleza, coa  que tivo a Cupido (Eros). A historia sinala que Vulcano, marido de Venus, advertido sobre o engano ao que estaba sometido, fabricou unha rede case invisible para poñela sobre o seu leito. Cando Ares e Afrodita xacían enriba del, quedaron atrapados e foron humillados ante todos os deuses.

Pero na historia romana tivo un papel fundamental ao ser o pai de Rómulo e Remo os fundadores de Roma.

                                            

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet