O pasado 10 de febreiro dúas das nosas alumnas de 1° Bacharelato acudiron a unhas xornadas polo Día da Muller e da Nena na Ciencia, ademais de asistir asistiren a unha Masterclass sobre Física de partículas.
O noso alumnado de 4° ESO comezou a repartir as cartas de amor xunto cun Decálogo do bo amor realizado polo equipo de Igualdade e uns poemas de autores/as galegos. por mor do 14F Animádevos a colaborar coa excursión de 4°ESO e a repartir amoooor!
O pasado día 7 foi o Día de Internet Segura 2023 no Ies As Barxas, co INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade) nunha videoconferencia para 4º ESO C!
En xaneiro estivemos dúas semanas contando coa presenza de Marcos Guiadanes para falarnos do noso bosque atlántico e das súas características en 1° da ESO. Grazas!