O pasado 19 de xaneiro foi un dos días máis importantes do ano para nós, porque puidemos recibir ao alumnado de 6° Primaria dos nosos coles adscritos. Para iso, preparamos unha chea de actividades que vaian axudando a romper o xeo: obradoiro de pegadas de animais co Club de Ciencias; obradoiro de Plástico Máxico coa profe de Plástica; presentación do Club de Manga; demostración do obradoiro de Música ReciclaMUS; xogos e experimentos no Laboratorio de Química e, para coller enerxía, unha merenda fantástica. Á vista está que todos/as o pasamos xenial. No IES As Barxas agardámosvos cos brazos abertos.