Con motivo do Día da Muller e da Nena na Ciencia, hoxe tivemos unha charla da Universidade de Vigo sobre Ecoabsorbentes baseados en residuos industriais para 1° Bac A.
O pasado 14 de febreiro o alumnado de 2° Bac acudiu á Casa da Mocidade ao obradoiro e á exposición sobre o documental de Mabel Lozano "Chicas nuevas 24 horas", sobre a trata e explotación sexual de mulleres.
O pasado 13 de febreiro tivemos a honra de recibir a @franciscocastroveloso no noso IES para amosarlle esta fantástica obra da nosa alumna Patricia Fernanda sobre o seu _Chamádeme Simbad_. Infindos agradecementos pola visita!