Desde o primeiro trimestre vimos realizando a exposición dun poema cada semana. A actividade prolongouse ata a semana de Rosalía, na que nalgunhas aulas de ESO e bacharelato se leron poemas da autora e se realizaron actividades sobre as inxustizas sociais a partir do poema "A xustiza pola man", seguindo a proposta da AELG. Pola nosa banda, expuxemos tamén o poema e cartel conmemorativo. O Día da Muller acompañamos o panel cunha mostra de libros en galego de mulleres e sobre mulleres.