Durante dous días da pasada semana tivemos no instituto a Soledad Ríos Santomé impartindo talleres sobre a toponimia de Moaña para o alumnado de 4⁰ de ESO. Fíxose unha sesión para cada grupo.
Mil grazas a Andrea Maceiras por vir hoxe ata Moaña para falarnos do proceso de escrita, de edición, de _Europa Express_ e ata de artes marciais e Cobra Kai!
As Nosas alumnas de 1⁰ de ESO, Maia e Leire, foron as encargadas de ler o manifesto do correlingua 2023 diante de 2000 nenos e nenas do Morrazo. Fixérono con moita dignidade e valentía. Bravísimas!!!
Que sorte tivemos de contar con Antón Riveiro Coello na semana das Letras para falarnos d'_As rulas de Bakunin_! Mil grazas por vir, Antón Riveiro Coello !