DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25
1º ESO: 27 e 28 de xuño
2º ESO: 5 de xullo
3º ESO: 4 de xullo
4º ESO: 2 e 3 de xullo
1º BACH: 1 e 2 de xullo
De non poder presentar a matrícula nos días indicados, poderase presentar calquer día do 26 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9 a 14.

Documentación e impresos     PDF 

Lingua Galega

TEMOS UMA LÍNGUA UNIVERSAL!

Enviado por Anónimo o Mér, 09/10/2019 - 11:28

Aí vai unha fotiño da charla co mozambicano Onofre Muianga para 3º da ESO.

Velaí unhas imaxes dos obradoiros de iniciación ao portugués do que gozaron os 1º de Bach na Biblio do IES As Barxas o luns 13/5. A actividade foi organizada polo EDNL (Marga), financiada polo Concello e impartida pola AGAL.

Chegan vitaminas para o galego desde a nosa língua irmá!

 

25/3 CHARLA DE YOLANDA CASTAÑO

Alumnado de 2º BACH puido gozar desta magnífica exposición sobre a poesía en galego contemporánea de mans dunha das súas protagonistas. De xeito interesante e ameno percorreu da xeración dos oitenta até a actualidade. A actividade organizouna a súa profe Iria e @s rapaces/as fixéronlle varias preguntas. 

Pasou polo Insti o Luns 11 ás dúas horas da tarde unha auténtica galerna que non deixou nada en pé. O polifacético Xurxo Souto acudiu xenerosamente para presentar o seu libro da travesía da Chiruca Macallás ao alumnado de 4º ESO e 1º Bach no Salón de Actos, ademais de nos contar moitas historias mariñeiras dos galeg@s polos caladoiros do mundo e de cantar e tocar música e a famosa corna

MEDRE O MAR!

Ademais premendo aquí irás á noticia no Faro de Vigo

 

 

 

 

 

 MOAÑA: 21 DÍAS EN GALEGO

 
     O día 1 de febreiro comezamos a nosa singradura en Moaña. En As Barxas arrincamos con 148 alumn@s e moita alegría.
     E para o inicio de campaña, tivemos a alcaldesa, Leticia Santos, e ao concelleiro de ensino, Aldán Santamarina

 

 

 

https://youtu.be/gUWCKOY_GzU

PREMENDO NESTA LIGAZÓN ACCEDEREDES AO VIDEO REALIZADO POLO ALUMNADO DO EDNL AS BARXAS PARA CARANVEXO TV CON ENTREVISTA A INTEGRANTES DO GRUPO DE TEATRO E REFLEXÍÓNS SOBRE A CAMPAÑA 21 DÍAS EN GALEGO

 

E SE PREMES NA SEGUINTE LIGAZÓN IRÁS VER CRES EN FANTASMAS? A CURTA REALIZADA POLO EDNL AS BARXAS E PENDURADA NO SEU BLOG: LINGUAQUETRABA

 

https://youtu.be/ihxjZ1yLu4A

 

 

Distribuir contido