O venres 12 de maio o Club de Ciencias visitou a Serra do Suído e participou nunha chea de actividades das que vos deixamos algunha mostra. Viñeron encantad@s!
En xaneiro estivemos dúas semanas contando coa presenza de Marcos Guiadanes para falarnos do noso bosque atlántico e das súas características en 1° da ESO. Grazas!
Temos o vestíbulo chulísimo, cheo de exposicións. Ademais da de Plástica de #violenciazero, podemos ver os traballos do alumnado de Ciencias sobre a célula, os virus e as bacterias...
O 20 de decembro algúns representantes do noso Club de Ciencias contaron a súa experiencia para o alumnado de 1° ESO do IES María Soliño. Grazas pola acollida e parabéns pola excelente exposición, rapazada!